Carles Capdevila i Plandiura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarles Capdevila i Plandiura

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1965 Editar o valor em Wikidata
Els Hostalets de Balenyà, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xuño de 2017 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Director Diari Ara
28 de novembro de 2010 – 28 de novembro de 2015 – Ignasi Aragay (pt) Traducir, Antoni Bassas (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , produtor de televisión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDiari Ara Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEva Piquer i Vinent (–2017)
Premios

Páxina webcarlescapdevila.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1959504 Facebook: carles.capdevila Twitter: CarlesCapde LinkedIn: carles-capdevila-2157399 Editar o valor em Wikidata

Carles Capdevila i Plandiura, nado en Els Hostalets de Balenyà o 13 de agosto de 1965 e finado en Barcelona o 1 de xuño de 2017,[1] foi un xornalista catalán que tamén traballou como guionista e presentador de televisión e radio. Foi o fundador e primeiro director do xornal Ara, escrito en lingua catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1992 e 1994 viviu en Nova York como correspondente de prensa, experiencia da cal xurdiu o libro Nova York a la catalana, que retrata todo tipo de vinculacións catalás coa cidade nos últimos cincuenta anos.

Formou parte do equipo de guionistas do programa de radio El món s’acaba, que dirixía Xavier Graset. Neste espazo, Capdevila levaba unha sección sobre televisión chamada El Rei del mando (1997-1999). Deste espazo, foi fichado por Toni Soler como subdirector e guionista do programa de televisión Malats de tele (xaneiro 1998-xuño 2000). Posteriormente foi director e condutor do programa de Catalunya Ràdio Eduqueu les criatures e, dende finais de xaneiro de 2008, é presentador e guionista do programa de TV3 Oui els va parir.

Ademais, Carles Capdevila tamén foi director da sección Alguna pregunta més, no programa de Antoni Bassas, El matí de Catalunya Ràdio na emisora Catalunya Ràdio, e colaborou con programas de TV3 como Sense titol (xaneiro-xullo de 1998), Set de Noticies ou Algunha pregunta més.

É autor de diversos libros, entre eles Criatura i compañía (Premio Pere Quart d’humor i sátira 1999) e, co pseudónimo colectivo Germans Miranda, El Barça o la vida e Tocats d’amor. Tamén escribiu textos para outros libros As tres xemelgas ilustrado por Roser Capdevila. Tamén escribiu nos diario Avui (na sección Pel darrere), El 9 nou e El periódico de Catalunya.

Foi cofundador e o primeiro director do Diari Ara, que saíu por primeira vez á rúa o 28 de novembro de 2010, coincidindo coas eleccións ó Parlamento de Cataluña do ano 2010. Este xornal é propiedade da empresa Cultura 03 e entre os seus accionistas atópanse Antoni Bassas e Toni Soler.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gutiérrez, Àlex (2 de xuño de 2017). "Mor Carles Capdevila, periodista vital". Ara (en catalán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]