Carl von Linné (fillo)
Carl von Linné | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1741 |
Lugar de nacemento | Falu Kristine church parish |
Falecemento | 1 de novembro de 1783 |
Lugar de falecemento | Uppsala Cathedral Assembly |
Causa | doença do fígado |
Soterrado | Catedral de Uppsala |
Nacionalidade | Suecia |
Alma máter | Universidade de Uppsala |
Ocupación | botánico, profesor universitario e micólogo |
Pai | Carl von Linné |
Nai | Sara Elisabeth Moræa |
Irmáns | Elisabeth Christina von Linné, Sara Christina von Linné e Lovisa von Linné |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carl von Linné Fillo ou Carolus Linnaeus Filius, tamén coñecido como Carl von Linné o Mozo, nado en Falun, Condado de Dalarna, Suecia, o 20 de xaneiro de 1741, e finado en Uppsala o 1 de novembro de 1783, foi un naturalista sueco, fillo do famoso sistemático de mesmo nome Carl von Linné ou Carolus Linnaeus (1707 – 1778).
Para distinguilo de seu pai, cítase como Linnaeus filius (abreviado en botánica como L. f.).
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Universidade de Uppsala á idade de nove anos, onde os alumnos do seu pai, entre eles: Pehr Löfling (1729 – 1756), Daniel Solander (1733 – 1782) e Johann Peter Falck (1732 – 1774), lle ensinaron ciencias.
En 1763, aos 22 anos, sucedeu o seu pai na cátedra de medicina práctica en Uppsala. O seu nomeamento como profesor, sen pasar por exames e non defender ningunha tese, valeulle o resentimento dos seus colegas.
A súa obra é modesta, comparada coa do seu pai. A súa obra máis coñecida é Supplementum Plantarum systematis vegetabilium, publicada en 1781, que contén as descricións botánicas de Linné pai e dos seus colegas, aumentada con adicións propias. Distinguiu máis de 2000 especies, subespecies e variedades botánicas.
Herdou de seu pai inmensas coleccións científicas e a correspondencia cos seus colegas.
Cando morreu aos 42 anos, sen fillos, en 1783, dunha ictericia contraída durante unha visita a Londres, a súa nai (Sara Elisabeth Moraea) vendeu as súas coleccións ao botánico inglés Sir James Edward Smith que, seguidamente, as doou á Sociedade Linneana de Londres.
Principais obras[editar | editar a fonte]
- Decas prima (et secunda) plantarum rariorum horti upsaliensis, 1762-1763.
- Nova graminum genera..., 1779.
- Supplementum plantarum systematis vegetabilium editionis decimae tertiae, Generum plantarum editionis sextae, et Specierum plantarum editionis secunda, 1781.
- Methodus muscorum illustra, Uppsala, 1784.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura L. f. emprégase para recoñecer a Carl von Linné (fillo) como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carl von Linné |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carl Linnaeus fil. Arquivado 18 de agosto de 2000 en Wayback Machine. Swedish Museum of Natural History (en inglés).
- Linnaeus, Carl (1741-1783) no IPNI.