Carl Gustaf Thomson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carl Gustaf Thomson
Carl Gustaf Thomson porträtt lund sweden.jpg
Imaxe de Thompson na lápida do seu enterramento
Nacemento13 de outubro de 1824
 Mellan-Grefvie, condado de Malmö
Falecemento20 de setembro de 1899
 Lund
SoterradoCemiterio de Norra
Nacionalidadesueca
Alma máterUniversidade de Lund
Ocupaciónzoólogo, entomólogo
Lingualatín, sueco
OrganizaciónUniversidade de Lund, Museo Entomolóxico de Lund
CargosProfesor universitario, conservador de Museo
PremiosMembro da Real Sociedade Fisiográfica de Lund
editar datos en Wikidata ]

Carl Gustaf Thomson, nado o 13 de outubro de 1824 en Mellan-Grefvie, condado de Malmö, e finado o 20 de setembro de 1899 en Lund, foi un entomólogo sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carl Gustaf Thomson estudou, desde 1843, na Universidade de Lund, licenciándose en 1850. En 1850 foi nomeado profesor asociado de zooloxía nesa Universidade. En 1862 foi conservador do departamento de entomoloxía do Museo Zoolóxico e, en 1864, foi tamén nomeado profesor de entomoloxía. En 1872 unha bolsa permitiulle viaxar por todo o continente europeo para realizar estudos científicos.

Ofrecéuselle o posto de director do Museo Entomolóxico de Berlín, pero rexeitou este posto.

Thomson foi elixido en 1861 membro da Sociedade Fisiográfica de Lund. Tamén foi membro honorario das Sociedades Entomolóxicas de París, Berlín, Bruxelas, Londres e San Petersburgo.

Falceu o 13 de outubro de 1824 en Lund, e está soterrado no cemiterio de Norra en Solna, municipio situado ao norte da cidade de Estocolmo.

Principais obras[editar | editar a fonte]

Thomson foi o autor de Coleoptera Scandinaviae (dez volumes, 1859-68), Skandinaviens inseckta (1862), Scandinavia Hymenoptera (cinco volumes, 1871-79) e Opuscula Entomologica (22 volumes, 1869-97).

Tamén publicou, en 1858, descricións dos insectos, especialmente dos dípteros, recollidos na viaxe da fragata Eugenies, o primeiro buque sueco que circunnavegou o mundo.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Thomson emprégase para recoñecer a Carl Gustaf Thomson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Bengtsson, S. (1900): "C. G. Thomson". Entomologisk Tidskrift 21: 1-16.
  • Frängsmyr, Tore (1989): Science in Sweden. The Royal Swedish Academy of Sciences, 1739-1989. Science History Publications. ‎ ISBN 978-0-8813-5092-0.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]