Carl Eduard Adolph Gerstäcker
Carl Eduard Adolph Gerstäcker | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de agosto de 1828 |
Lugar de nacemento | Berlín, Confederación Xermánica |
Falecemento | 20 de xullo de 1895 |
Lugar de falecemento | Greifswald, Pomerania Occidental (Imperio alemán) |
Nacionalidade | alemá |
Alma máter | Universidade Humboldt de Berlín |
Ocupación | zoólogo |
Lingua | alemán |
Estudos | Medicina, Ciencias Naturais |
Organización | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Greifswald |
Cargos | Conservador do Museo Zoolóxico Universidade Humboldt de Berlín Profesor universitario |
Premios | Order of the Red Eagle 4th Class |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carl Eduard Adolph Gerstäcker, tamén coñecido como Carl Eduard Adolf Gerstaecker e Karl Eduard Adolf Gerstaercker, nado en Berlín o 30 de agosto de 1828, e finado en Greifswald, Pomerania Occidental, foi un zoólogo alemán especializado en entomoloxía.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carl Eduard Adolph Gerstäcker naceu en Berlín, onde estudou Medicina e Ciencias Naturais, doutorándose en 1855. En 1856 obtivo a súa habilitación como zoólogo e pouco despois foi nomeado conservador do Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. En 1864 comezou a traballar como conferenciante no Landwirtschaftlichen Lehranstalt (Institución Agraria para a Educación) en Berlín. En 1874 foi nomeado profesor asociado de zooloxía na Universidade Humboldt e, en 1876, profesor de zooloxía na Universidade de Greifswald.[1]
Obras destacadas[editar | editar a fonte]
- Monographie der Endomychiden (1858).
- Handbuch der Zoologie (con Wilhelm Peters e Julius Victor Carus), Leipzig (1863-1875).
- Carus, Julius Victor; Carl Eduard Adolph Gerstäcker, eds. (1863). Handbuch der zoologie. Zweiter Band. Leipzig: Engelmann.
- "Arthropoda", en Klassen und Ordnungen des Thierreichs (1866–1893).
- Beitrag zur Insekten-Fauna von Zanzibar. Parts [1]-3. (1866).
- Das Skelet des Döglings Hyperoodon Rostratus (Pont.) Ein Beitrag zur Osteologie der Cetaceen und zur vergleichenden Morphologie der Wirbelsäule, (1887).[2]
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Gerstäcker emprégase para recoñcer a Carl Eduard Adolph Gerstäcker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gerstaecker, Carl Eduard Adolph En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6, 1964. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323.
- ↑ HathiTrust Digital Library.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Wilhelm Heß: "Gerstaecker, Karl Eduard Adolf". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Volume 49. Leipzig, 1904, Duncker & Humblot, p. 678.
- Lothar Kämpfe (2013): "Gerstaecker, Adolph (1828–1895)". En: Dirk Alvermann, Nils Jörn (ed.): Biographisches Lexikon für Pommern. Volume 1. Köln/Weimar/Wien: Böhlau Verlag. ISBN 978-3-4122-0936-0, pp. 90–92.
- Georg Uschmann (1964): "Gerstaecker, Carl Eduard Adolph". En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Volume 6. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0187-7, p. 323 (Dixitalizada).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lista completa das publicacións deste autor.
- Adolph Gerstaecker en Ernst Moritz Arndt Universität Greifswald.