Greifswald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 54°5′N 13°23′L / 54.083, -13.383

Greifswald
Greifswald
Universitäts- und Hansestadt Greifswald

Hissflagge der Stadt Greifswald.svg
DEU Greifswald COA.svg
Ernst-Moritz-Arndt-Universität Greifswald 044.jpg
A Ernst Moritz Arndt Universität Greifswald,
na cidade de Greifswald
Localización
Loclización da cidade no Landkreis
PaísAlemaña Alemaña
LandMecklemburgo-Antepomerania
Landkreis (Distrto)Pomerania Occidental-Greifswald
Xeografía
Altitude5 m msnm
Superficie50,50 km²
Demografía
Poboación59 232 habitantes (2019)
Densidade1 200 hab./km²
Outros datos
Fundación1248
Código postal17489-17493
AlcaldeStefan Fassbinder (Verdes)
Páxina web oficial

Greifswald, oficialmente denominada Universitäts- und Hansestadt Greifswald (Universidade e hanseática Greifswald), é unha cidade de alemá situada na rexión de Pomerania Occidental, administrativamente no Land de Mecklemburgo-Antepomerania, e distrito (Landkreis) de Pomerania Occidental-Greifswald, ás beiras da baía de Greifswald (Greifswalder Bodden), no mar Báltico, baía pechada polas maiores illas alemás, a Rügen e Usedom.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade ocupa unha superficie de 50,5 km² e, no ano 2019, contaba cunha poboación de 59 232 habitantes,[1] incluíndo moitos dos 12 500 estudantes e 5 000 empregados da Universidade.

A súa densisade de poboación, no ano citado, era de 1 200 hab./km².

Está a unha distancia duns 250 km das dúas cidades máis grandes de Alemaña, Berlín e Hamburgo, e a 80 km da fronteira con Polonia.

A parte costeira de Greifswald na desembocadura do Ryck, chamada Greifswald-Wieck, evolucionou a partir dunha vila mariñeira. Hoxe dispón dunha pequena praia, un porto deportivo e o porto principal.

Desde as reformas dos distritos de setembro de 2011, é a capital do distrito recentemente establecido de Vorpommern-Greifswald. Xunto con Stralsund, Greifswald forma un dos catro centros urbanos de Mecklemburgo-Antepomerania.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

A orixe de Greifswald está vinculado á fundación dun mosteiro cisterciense. As ruínas deste mosteiro encóntrans cerca da cidade, no pequeo pobo de Eldena. En 1250 o duque de Pomerania Wartislaw III outorgóou aos habitantes de Greifswald o dereito municipal de Lübeck.[2]

Idade Media[editar | editar a fonte]

A abadía de Eldena fundouse en 1199. Hoxe só quedan dela as súas ruínas. Na época medieval, o lugar de Greifswald era un bosque que marcaba a fronteira entre o Principado danés de Rügen e o condado pomerense de Gützkow, que nese momento tamén estaba baixo control danés. En 1199, o príncipe Jaromar I de Rügen permitiu aos monxes cistercienses daneses construír a abadía de Hilda, hoxe abadía de Eldena, na desembocadura do río Ryck. Entre as terras concedidas aos monxes atopábase un estanque natural de evaporación do sal a pouca distancia do río, un sitio tamén atravesado por unha importante ruta comercial sur-norte. Este sitio recibiu o nome de "Gryp" (he) "swold" (e), que é o precursor baixo alemán do nome moderno da cidade, que significa "Bosque de Griffin". A lenda di que os poderosos grifóns vivían nunha árbore que supostamente creceu na que se converteu na rúa máis antiga de Greifswald, a Schuhagen. A construción da cidade seguiu un esquema de rúas rectangulares, con igrexas e mercados en posicións centrais. Foi establecida principalmente por alemáns no curso do Ostsiedlung, pero tamén foron atraídos colonos doutras nacións das proximidades.

O comercio de sal axudou á abadía de Eldena a converterse nun influente centro relixioso e Greifswald converteuse nun mercado moi coñecido. Cando os daneses tiveron que entregar as súas terras pomeranas ao sur de Ryck, despois de perder a batalla de Bornhöved en 1227, a cidade pasou a depender dos duques pomeranos. En 1241, o príncipe Wizlaw I de Rügen e o duque de Pomerania Wartislaw III outorgaron dereitos de mercado a Greifswald. En 1250, este último outorgoulle á cidade unha carta segundo a lei de Lübeck, despois de que lle permitiran adquirir o lugar da cidade como feudo da abadía de Eldena en 1248.

Cando Jazco de Salzwedel de Gützkow fundou un convento franciscano dentro das murallas de Greifswald, os cistercienses de Eldena perderon gran parte da súa influencia no desenvolvemento da cidade. Xusto máis alá dos límites occidentais de Greifswald, xurdiu un suburbio parecido á cidade (Neustadt), separado de Greifswald. En 1264 incorporouse Neustadt.

A abadía de Eldena e os principais edificios de Greifswald erixíronse ao estilo gótico alemán (Backsteingotik), que se atopa ao longo de toda a costa sur do Báltico. Debido a un aumento da poboación constante, Greifswald converteuse a finais do século XIII nun dos primeiros membros da Liga Hanseática, que aumentou aínda máis o seu comercio e riqueza. Despois de 1296, os cidadáns de Greifswald xa non necesitaban servir no exército pomerano e os duques pomeranos non residían na cidade.

En 1456, o alcalde de Greifswald, Heinrich Rubenow, sentou as bases dunha das universidades máis antigas do mundo, a Universidade de Greifswald, que foi unha das primeiras en Alemaña, e foi, sucesivamente, a única máis antiga de Suecia e Prusia.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Durante a Reforma protestante, a abadía de Eldena deixou de funcionar como mosteiro. As súas posesións recaeron nos duques pomeranos; os ladrillos dos seus edificios góticos foron empregados polos veciños para outras construcións. Eldena perdeu o seu status separado e máis tarde foi absorbido pola cidade de Greifswald. As casas relixiosas dentro das murallas da cidade, os priorados dos frades negros (dominicos) no noroeste e dos grises (franciscanos) no sueste, foron secularizados. Os edificios dos dominicos (o "mosteiro negro") foron entregados á universidade; o sitio aínda se usa como parte do campus médico. O convento franciscano (o "mosteiro gris ") e os seus edificios sucesivos son agora o museo estatal de Pomerania.

Durante a Guerra dos Trinta Anos, Greifswald foi ocupada por forzas imperiais (católicas) de 1627 a 1631, [4] e despois, baixo o Tratado de Stettin (1630), por forzas suecas (protestantes),[3] e despois do Tratado de Stettin (1630), por forzas suecas (protestantes).[4]

Dominio sueco[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra dos Trinta Anos, as forzas suecas entraron no ducado de Pomerania en 1630. Greifswald foi asediado polas tropas suecas o 12 de xuño de 1631, e rendeuse o 16 de xuño. Gustavo Adolfo de Suecia regresara de Brandeburgo para supervisar o cerco e á súa chegada recibiu a homenaxe da Universidade pola liberación das forzas católicas.[3] Despois da Guerra dos Trinta Anos (1618–1648), Greifswald e a rexión que a rodea pasaron a formar parte do Reino de Suecia. A Pomerania Sueca, como entón se chamaba, permaneceu como parte do reino sueco até 1815, cando pasou a formar parte do Reino de Prusia como provincia de Pomerania. En 1871 pasou a Alemaña.

A Guerra dos Trinta Anos causou fame en toda Alemaña e para 1630 a poboación de Greifswald reduciuse en dous terzos. Moitos edificios quedaron desocupados e caeron en decadencia. Logo seguiron outras guerras: a guerra sueco-polaca e a guerra sueco-brandemburguesa implicaron á cidade nominalmente sueca de Greifswald. En 1659 e 1678, as tropas de Brandenburgo bombardearon a cidade. O primeiro bombardeo alcanzou principalmente a parte nordeste da cidade, destrozando 16 casas. O segundo bombardeo nivelou 30 casas e danou centos máis en toda a cidade. As bólas de canón deste segundo bombardeo aínda se poden ver nas paredes da igrexa de Santa María.

Durante a Gran Guerra do Norte (1700–1721) Greifswald viuse obrigado a albergar soldados. Mentres asediaba o veciño Stralsund, o tsar ruso Pedro o Grande aliouse con Xurxo I de Gran Bretaña no Tratado de Greifswald. Grandes incendios en 1713 e 1736 destruíron casas e outros edificios, incluído a casa do Concello. O goberno sueco emitira decretos en 1669 e 1689 que absolvían a calquera dos impostos que construían ou reconstruían unha casa. Estes decretos permaneceron esencialmente en vigor, baixo a administración prusiana, até 1824.[5] Foi a capital dea Pomerania Sueca entre 1720 e 1814.

En 1763 fundouse o xardín botánico Greifswald.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Greifswald, elevation: 6 m, 1961–1990 normals
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 1,8 2,3 6,5 11,1 16,8 19,7 21,4 21,5 17,5 13,1 7,1 3,7 11,9
Media diaria en °C −0,6 −0,3 3,5 7,0 12,2 15,3 17,1 17,1 13,7 9,9 4,8 1,6 8,5
Media mínima en °C −2,9 −2,8 0,4 2,9 7,5 10,9 12,7 12,6 9,9 6,6 2,5 −0,5 5,0
Precipitación media mm 40,0 30,0 39,0 39,0 49,0 59,0 63,0 54,0 53,0 43,0 51,0 47,0 565,0
Media de días con precipitacións 10 8 10 8 8 8 10 9 9 9 11 11 111
Media de horas de sol mensuais 43,4 61,6 120,9 168,0 248,0 240,0 238,7 229,4 159,0 108,5 51,0 40,3 1 715,5
Fonte: Wetterkontor[6]

Importancia da súa Universidade[editar | editar a fonte]

Universidade de Greifswald.

A cidade depende da súa Universidade e dos seus estudantes, tanto economica como culturalmente.

A Universidad de Greifswald foi fundada en 1456 polo daquela alcalde Heinrich Rubenow.

Despois da Universidade de Rostock, é a segunda en antigüidade na Europa do Norte.

A partir de 1933 chámase Ernst-Moritz-Arndt Universität.

Actualmente, ao redor de 10 000 alumnos cursan os seus estudos nela.

Festival de estudantes[editar | editar a fonte]

Un grupo de estudantes organiza desde hai algúns anos o Greifswald International Students' Festival,[7] que atrae a moitos estudantes de toda Europa, especialmente do leste.

Organizan actividades culturais, deportivas e musicais sen ánimo de lucro e co obxectivo de promover un debate aberto e enriquecedor entre os estudantes sobre diversos temas de actualidade.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Statistisches Amt M-V – Bevölkerungsstand der Kreise, Ämter und Gemeinden 2019". Statistisches Amt Mecklenburg-Vorpommern. Xullo 2020 (en alemán).
  2. "No Name". Greifswald. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Langer, Herbert (2003): "Die Anfänge des Garnisionswesens in Pommern". En Asmus, Ivo; Droste, Heiko & Olesen, Jens E. (eds.) Gemeinsame Bekannte: Schweden und Deutschland in der Frühen Neuzeit. Berlin-Hamburg-Münster: LIT Verlag. ISBN 3-8258-7150-9, p. 403.
  4. Langer, Herbert (2003). "Die Anfänge des Garnisionswesens in Pommern". En Asmus, Ivo; Droste, Heiko; Olesen, Jens E. Gemeinsame Bekannte: Schweden und Deutschland in der Frühen Neuzeit. Berlin-Hamburg-Münster: LIT Verlag. p. 397. ISBN 3-8258-7150-9. 
  5. Felix Schönrock's studies. En: Frank Braun, Stefan Kroll, Städtesystem und Urbanisierung im Ostseeraum in der frühen Neuzeit: Wirtschaft, Baukultur und historische Informationssyteme: Beiträge des wissenschaftlichen Kolloquiums in Wismar vom 4. Und 5. 2003. ISBN 3-8258-7396-X.
  6. "Climate normals for Germany 1961-1990" (en alemán). meteo1.net. Consultado o 9 January 2021. 
  7. [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]