Cargados Carallos
Cargados Carajos | |
---|---|
![]() Foto satélite do atol. | |
Vista da illa | |
![]() Mapa deseñado pola CIA. | |
Datos | |
Capital | Verrogne |
País | ![]() |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | Mascareñas |
Linguas | Inglés |
Poboación (1996) | 35 hab. |
Superficie | 1.3 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 16°35′S 59°37′L / -16.583, -59.617 |
Maior Altura | |
Localización | |
O banco de Cargados Carallos[1] (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes nun arrecife situadas no Océano Índico, o nordeste das Illas Mauricio. O seu nome é debido ao navegante galego Joan de Novoa, que tería nomeado o arquipélago e as illas de Agalega[2]. Os Cargados Carallos teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abarca 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe unha rica fauna e flora. O arrecife de Cargados Carallos dependen administrativamente das Illas Mauricio aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo tanto están administradas dende a súa capital Port Louis. As illas son parte das illas Mascareñas.
Historia[editar | editar a fonte]
As illas xa eran coñecidas polos navegantes árabes. Foron primeiramente cartografadas por navegantes da coroa de Portugal segundo Auguste Toussaint coma Coroa dos Garafos, "aves mariñas da coroa". As illas foron ocupadas en 1598 por holandeses e pasan a ser protectorado francés en 1722. O dominio británico iniciouse en 1810. Os primeiros mapas detallados apareceron en 1742 xa coma base pirata.
Lista das illas[editar | editar a fonte]
O atol que dá orixe aos baixios e illas que forman o grupo ten o seu bordo máis elevado do lado oeste. É ao longo dese lado do atol onde están os diversos illotes e rochedos que constitúen as illas Cargados Carallos. Dun total de cerca de 40 illotes e rochas, de norte a sur, estes son os principais:
- Albatross Island 16°19′0.0″S 59°36′0.0″L / -16.316667, -59.600000
- Îlot du Nord (North Island) 16°19′0.0″S 59°39′0.0″L / -16.316667, -59.650000
- Île Raphael 16°27′0.0″S 59°37′0.0″L / -16.450000, -59.616667
- Îlot Siren 16°28′0.0″S 59°34′0.0″L / -16.466667, -59.566667
- Île Tortue 16°28′0.0″S 59°41′0.0″L / -16.466667, -59.683333
- Pearl Islet (Île Perle) 16°31′0.0″S 59°32′0.0″L / -16.516667, -59.533333
- Île du Sud 16°32′0.0″S 59°32′0.0″L / -16.533333, -59.533333
- Avocare Island (Avoquer) 16°35′0.0″S 59°40′0.0″L / -16.583333, -59.666667
- Mapare Islet 16°35′0.0″S 59°41′0.0″L / -16.583333, -59.683333
- Frigate Islet (Île Frégate) 16°37′0.0″S 59°31′0.0″L / -16.616667, -59.516667
- Îlote du Paul 16°37′0.0″S 59°33′0.0″L / -16.616667, -59.550000
- Baleine Rocks 16°41′0.0″S 59°30′0.0″L / -16.683333, -59.500000
- Île Veronge (Verronge) 16°41′0.0″S 59°37′0.0″L / -16.683333, -59.616667
- Veronge Ilot 16°42′0.0″S 59°38′0.0″L / -16.700000, -59.633333
- Palm Islet 16°45′0.0″S 59°35′0.0″L / -16.750000, -59.583333
- Coco Island (île aux Cocos) 16°50′0.0″S 59°30′0.0″L / -16.833333, -59.500000
- Grande Capitane 16°40′0.0″S 59°50′0.0″L / -16.666667, -59.833333
- Petite Capitane 16°36′0.0″S 59°34′0.0″L / -16.600000, -59.566667
- Puits A Eau 16°39′0.0″S 59°34′0.0″L / -16.650000, -59.566667
- Île Poulailer 16°44′0.0″S 59°46′0.0″L / -16.733333, -59.766667
- Chaloupe 16°49′0.0″S 59°50′0.0″L / -16.816667, -59.833333
- Courson 16°48′0.0″S 59°30′0.0″L / -16.800000, -59.500000
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O ourensán que descubriu as illas dos cargados carallos
- ↑ "De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova". Praza Pública. Consultado o 19-1-2022.