Carballido, A Fonsagrada
Carballido | |
---|---|
Concello | A Fonsagrada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°14′03″N 7°08′22″O / 43.23422222, -7.13938889 |
Área | 30,79 km² |
Poboación | 197 hab. (2019) |
Densidade | 6,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte con Santo André de Logares e co concello da Pontenova, ao sur con Maderne e O Trobo, ao leste coa Veiga de Logares e ao oeste co concello de Ribeira de Piquín.
Está atravesada polo río Rodil, afluente do río Eo. A fraga de Carballido, con flora autóctona, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Carballido.[3][4][5]
Sociedade
[editar | editar a fonte]A economía da zona está baseada na agricultura e a gandaría de subsistencia. A densidade de poboación vai en descenso debido á emigración cara a cidades ou vilas maiores. Na parroquia existe un centro de educación primaria.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa María foi construída en 1721. A capela de Vilar de Carballido consta dunha soa nave e un pórtico. Ten un pequeno altar e varias tallas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Carballido
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Carballido no concello da Fonsagrada (Lugo) | |
---|---|
A Burela | Carballido | A Graña | Gromaz | Lentomil | Llacín | A Pedreira | A Rebordela | Río de Sabugo | Sequeiro | A Torre | Torviso | Trevín | A Valiña das Ovellas | A Veiga dos Binteiros | Vilalba | Vilar de Calvos | O Vilar de Carballido |
Parroquias da Fonsagrada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120006 - Carballido". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ "Natura 2000 Standard data form: Carballido". Consultado o 24/8/2019.