Saltar ao contido

Carbúnculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carbúnculo
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
Lesión na pel causada polo carbúnculo.
 Instancia de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bsht Editar o valor en Wikidata
MeSHD000881 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC84565 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB1203 Editar o valor en Wikidata
CIE-111321303663 Editar o valor en Wikidata
CIE-10A22.9 Editar o valor en Wikidata
OMIM606410 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001325 Editar o valor en Wikidata
eMedicine212127 Editar o valor en Wikidata
KEGGH00328 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 94932 BNE: XX546201
Wikidata C:Commons

O carbúnculo[1] (tamén coñecido como carbuncho,[2] solda[3] ou ántrax,[4] aínda este último termo é tamén sinónimo de furunculose por Staphylococcus aureus) é unha doenza contaxiosa, aguda e grave, que pode afectar a todos os homeotermos e entre eles ó home, causada por Bacillus anthracis, un bacilo grampositivo, anaeróbico facultativo e esporoxénico que se atopa no chan.[5] A severidade do carbúnculo no home varía segundo o modo de contaxio e a velocidade do tratamento; o carbúnculo cutáneo, a manifestación máis común da doenza presenta unha mortalidade baixa. En troques, o carbúnculo pulmonar é letal na maioría dos casos. As esporas de B. anthracis investigáronse como axentes de guerra biolóxica, e foron empregadas nos ataques con carbúnculo nos Estados Unidos de 2001.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Bacillus anthracis.

O axente causante do carbúnculo é a bacteria Bacillus anthracis, un microorganismo esporoxénico que pode ficar no ambiente durante moitos anos. A célula é grande, entre 1 e 8 µm en lonxitude, e 1 e 1,5 µm de ancho. As esporas teñen un tamaño de aproximadamente 1 µm µm.[6] As esporas son moi resistentes; para a súa destrución, requírese a ebulición durante 10 minutos, o autoclave a 120 °C °C ou o forno a 160 °C  durante 6 minutos.[7]

Fotografía con microscopio electrónico do Bacillus anthracis no bazo dun mono. As bacterias, con forma de bastón, amósanse a carón dun glóbulo vermello.

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

Reservorios

[editar | editar a fonte]

Existe un reservorio animal representado polos animais doentes ou os cadáveres de animais mortos polo proceso, e un reservorio extraanimal, telúrico e máis importante dende o punto de vista epidemiolóxico, integrado polos terreos contaminados a partir dos excrementos e secrecións dos animais doentes. Estes animais liberan grandes cantidades de bacterias polo sangue eliminado por boca, nariz e ano. En contacto co osíxeno ambiental, as bacterias esporulan e contaminan o terreo circundante onde poden pervivir durante décadas con plena capacidade xerminativa. Estas esporas presentes no chan poden pasar á súa forma vexetativa e multiplicarse se existen as condicións edafolóxicas e climáticas óptimas (terreos calcarios ou alcalinos ricos en materia orgánica e unha temperatura entre 30 e 35 °C) transformándose así o terreo no que se coñece como «área incubadora». O organismo sobrevive nas capas superficiais do chan, normalmente até uns 6 cm de profundidade, polo cal non se adoitan atopar en terreos ben drenados e de uso intenso para a agricultura.[8]

Fotografía con microscopio electrónico de esporas de Bacillus anthracis.

Mecanismo de transmisión

[editar | editar a fonte]

A transmisión en animais prodúcese normalmente por inxestión. Os herbívoros poden infectarse ó inxerir esporas vehiculadas en plantas e pasto ou beber auga con en suspensión. Os gromos adoitan producirse en épocas de choivas fortes, inundacións ou secas. Os carnívoros adóitanse infectar tras a inxestión de carne contaminada procedente de animais infectados, mentres que os preeiros e as moscas poden esparexer a doenza logo de alimentarse de refugallos e depositar pingas de vómito nas plantas. As picaduras por moscas tamén poden contribuír a espallar a doenza, aínda que este xeito de transmisión é máis raro.[9]

En humanos pódese producir un contaxio cutáneo ó contactar con animais infectados ou os seus produtos contaminados (pelello, la e sangue), ben directamente pola súa manipulación ou indirectamente vehiculado por diversos insectos hematófagos. Este é o xeito máis corrente de transmisión. Asemade, é posible o contaxio tras inhalar esporas; este xeito de contaxio está asociado a procesos como curtir peles ou o tratamento da la. Tamén se pode producir o contaxio por inhalación, dixestivo tras consumir carne procedente de animais infectados; o consumo de leite non semella transmitir a doenza, e a transmisión de persoa a persoa é moi rara.

Existe distinta susceptibilidade á infección en función da especie afectada. As especies máis sensibles son os ruminantes, tanto salvaxes como domésticos, mentres que os carnívoros, súidos e equinos manifestan unha sensibilidade intermedia. Dentro desta sensibilidade intermedia podemos tamén incluír ó xénero humano. As aves son consideradas practicamente como refractarias á doenza, podendo este feito estar en relación coa súa alta temperatura corporal.[10]

Esta doenza atópase diseminada por todo o mundo, sendo especialmente frecuente en certas rexións de África, Asia e Oriente medio e o sueste europeo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carbúnculo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carbuncho.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para solda.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ántrax.
  5. Parlamento Europeo. "Boletines terminológicos y normativos.Boletín nº 32 - Ántrax/carbunco". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
  6. "Bacillus anthracis". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2017.
  7. "Ántrax-Carbunco". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
  8. Grupo de Ecopatología de la Fauna Silvestre de Andalucía. "Carbunco bacteridiano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
  9. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. "El carbunco en los animales". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 10 de abril de 2017.
  10. "Ántrax (Carbunco)" (4). doi:10.4067/S0716-10182001000400008.