Capital social (socioloxía)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O capital social é considerado a variable que mide a colaboración social entre os diferentes grupos dun colectivo humano, e o uso individual das oportunidades xurdidas a partir diso, a partir de catro fontes principais: o afecto, a confianza mutua, as normas efectivas e as redes sociais.
O capital social mide, por tanto, a sociabilidade dun conxunto humano e aqueles aspectos que permiten que prospere a colaboración e o uso, por parte dos actores individuais, das oportunidades que xorden nestas relacións sociais. Unha sociabilidade entendida como a capacidade para realizar traballo conxunto, a de colaborar e levar a cabo a acción colectiva.
Historia
[editar | editar a fonte]O termo de "capital social" provén dunha analoxía co de capital económico. De todas as formas, a súa escasa fixación na literatura social e económica fai que sexa un tanto difícil de consensuar. Nun comezo, foi usado a principios do século XX en pedagoxía. Non foi retomado ata a década de 1960 cando se empezou a usar para teorías de desenvolvemento económico. Normalmente nos modelos económicos tradicionais este concepto é totalmente ignorado, pero nos anos 1980 volveu tomar importancia. Foi usado por moitos autores en socioloxía e modelos de economía alternativos.
Concepto
[editar | editar a fonte]Poderíase resumir como "non só é importante que coñeces, senón a quen". Francis Fukuyama defíneo como a norma que fai que exista cooperación entre dúas partes. Referencias importantes son Robert Putnam (1993) e James Samuel Coleman (1988).
No que se refire ao valor colectivo das redes sociais, é considerado para a formulación de políticas en moitas organizacións; mesmo sendo recentemente recoñecido por institucións tales como o Banco Mundial (aínda que con algunhas reservas ao concepto).
Afinando os matices do concepto, o capital social non ten por que necesariamente producir cousas boas, pode xerar discriminación sobre individuos ou grupos. Ás veces o capital social pode ter connotacións negativas, como no caso de mafias diversas (os contactos e redes sociais creados entre varias persoas poden idear cousas consideradas negativas por unha sociedade, como o crime).
Con todo, como se apunta, nos últimos anos destacáronse tres “fontes” principais do capital: a confianza mutua, as normas efectivas e as redes sociais. A pesar das posibles diferenzas na forma de definir e medir estes atributos, o capital social sempre apunta cara a aqueles factores que nos achegan como individuos e a como este achegamento se traduce en oportunidades para a acción colectiva e o benestar do grupo.