Saltar ao contido

Cantón de Uri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCantón de Uri
Uri (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°47′N 8°37′L / 46.78, 8.62
Estado federadoSuíza Editar o valor en Wikidata
CapitalAltdorf Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación36.433 (2018) Editar o valor en Wikidata (33,84 hab./km²)
Lingua oficialSwiss High German (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.076,57 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude447 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoDammastock (pt) Traducir (3.630 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLago dos Quatro Cantões (pt) Traducir (433 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1291 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoLandrat of Uri (en) Traducir , (Escano: 64) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-UR Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCH062 Editar o valor en Wikidata

Páxina webur.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: kanton.uri Twitter: infokantonuri Youtube: UCwRJDL3BENh2iRo_CiFXD0Q Editar o valor en Wikidata

Uri (en alemán Kanton Uri) é un dos 26 cantóns de Suíza. O alemán é a lingua oficial. A capital é Altdorf. A súa poboación rolda os 35.000 habitantes, dos cales 3.046 (8, 7%) son estranxeiros. A lenda de Guillerme Tell ten a súa orixe neste cantón.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O seu territorio comprende o val do río Reuss, que se estende desde o lago dos Catro Cantóns, ao norte, ata o paso de San Gotardo ao sur, na vertente norte dos Alpes suízos. Ten 1.077 km². Só a metade do territorio considérase terra produtiva, xa que os bosques cobren unha considerable parte e os glaciares supoñen un 20 % do mesmo. O punto máis alto do cantón é o Dammastock, a 3.630 m de altitude, situado ao norte do porto de Furka ou Furkapass.

O cantón de Uri limita, ao norte, co cantón de Schwyz; ao sur, cos cantóns de Tesino e Valais; ao leste, cos cantones de Berna, Obwalden e Nidwalden; e ao oeste, cos cantóns de Grisones e de Glaris.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación fala maioritariamente alemán e practica a relixión católica (o 86 %, fronte ao 6 % de protestantes).

Uri foi mencionado por primeira vez en 732 como pertencente ao abade de Reichenau. En 853 foi entregado ao convento de Zürich por Lois o Xermánico.

Crese que o nome Uri deriva da antiga palabra alemá Auroch, que significa uro, boi salvaxe. Isto baséase en que o escudo da rexión ten unha cabeza de touro.

En 1243 a rexión tivo un selo común. En 1274 o poderoso Rodolfo de Habsburgo recoñeceu estes privilexios. Uri foi un dos tres cantóns suízos orixinais, trala firma do Pacto Federal de 1291 (Bundesbrief). En 1386 Uri participou na vitoria sobre os austríacos en Sempach, obtendo como recompensa as terras de Urseren en 1410.