Cantís de Moher
(ga) Aillte an Mhothair | ||||
Tipo | Cantil atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Clare, Irlanda | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Páxina web | cliffsofmoher.ie | |||
Os cantís de Moher (en inglés Cliffs of Moher, en gaélico irlandés Aillte an Mhothair, literalmente "cantís da ruína") encóntranse no límite suroccidental da rexión do An Bhoireann, cerca de Doolin, no condado de Clare da República de Irlanda.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Os cantís elévanse 120 m sobre o océano Atlántico no punto chamado Hag's Head e esténdense ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura de 214 m.
Son recoñecidos pola súa xeoloxía do Carbonífero, composta principalmente por formacións de pedra calcaria karst que se formaron hai máis de 320 millóns de anos. Os acantilados mostran varias capas xeolóxicas e conteñen fósiles da vida mariña prehistórica da zona, incluíndo corais, ourizos de mar etc.[1]
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo a mitoloxía irlandesa, un dos puntos máis sobresaíntes dos cantís de Moher, coñecido como Hag's Head, recibe o seu nome da figura da Cailleach que se transforma en pedra ao mirar cara ao mar, representando a encarnación do inverno e a protección da natureza.[2]
Hag's Head pode traducirse ao galego como "Cabeza da Bruxa" ou "Cabeza da Anciá". Na mitoloxía celta, o termo "Hag" adoita referirse a unha figura de muller vella, a miúdo con connotacións sobrenaturais ou míticas, e pode ser sinónimo de bruxa ou meiga.[3]
Torre de O'Brien
[editar | editar a fonte]O torre de O'Brien (O'Brien's Tower) é unha torre circular de pedra que se atopa aproximadamente na metade dos acantilados. Foi construída por Sir Cornellius O'Brien en 1835 como miradoiro para os centos de turistas que acudían ao lugar.[4]:29
Desde o alto da atalaia pódense ver as Oileáin Árann e a baía de Galway, e ao fondo as montañas Maumturk en Connemara.
Notas
- ↑ "Geology of Ireland: A Field Guide". www.nhbs.com (en inglés). Consultado o 2024-01-14.
- ↑ MONAGHAN, Patricia (2004). The Red-Haired Girl from the Bog: The Landscape of Celtic Myth and Spirit (en inglés). New World Library. p. 23. ISBN 1577314581.
We see her silhouette on Ceann na Cailleach, “Hag's Head”, the most southerly of the Cliffs of Moher
- ↑ Knowles, Elizabeth (2006-01-01). The Oxford Dictionary of Phrase and Fable (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-860981-0. doi:10.1093/acref/9780198609810.001.0001/acref-9780198609810.
- ↑ Roche, D. The Clare Guide - Official Irish Tourist Board Guide. Bord Failte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cantís de Moher |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |