Cantata do Deza (Fonoteca 92)
Aparencia
(Redirección desde «Cantata do Deza»)
| Cantata do Deza | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fernando Vázquez Arias | |||||||||
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Forma artística
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Interpretado por
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Letra de
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Tema principal
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Cantata do Deza é un EP que reproduce a cantata de título homónimo escrita por Fernando Vázquez Arias,[1] con letra de Armando Vázquez,[2] para coro e orquestra de corda, frauta e piano.[1][3] Trátase dunha obra en seis movementos[1] que se denominan Deza, Trasdeza, Agolada, Carbia, Camba e Dozón.[4]
Dirixida polo propio compositor, foi interpretada pola Camerata Musical de Porto, o Coro e Orquestra de Lalín, acompañados polo Coro de Cámara Ars Musicae e foi gravada en directo o 17 de maio de 1991 coincidindo coa inauguración do auditorio municipal de Lalín.[1][5] É a décimo cuarta casete da colección Fonoteca 92, foi publicado en 1992 pola Editorial Compostela de El Correo Gallego.[6]
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]| Cara A | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "Deza" | ||||||||
| 2. | "Trasdeza" | ||||||||
| 3. | "Agolada" | ||||||||
| Cara B | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "Carbia" | ||||||||
| 2. | "Camba" | ||||||||
| 3. | "Dozón" | ||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "A Raíña Lupa" (PDF). Fernando V. Arias (Compositor). A Coruña: Teatro Colón. 2016. Consultado o 15-03-2024.
- ↑ "Lalín pretende volver constituír unha coral como tivo hai anos". La Voz de Galicia. 26-01-2012. Consultado o 15-03-2024.
- ↑ "Esteban García Vidal, solista del Concierto para fagot y orquesta, en Fa M. Op. 75, de Carl Mª von Weber". El Correo Gallego. 15-12-2019. Consultado o 16-03-2024.
- ↑ "Catálogo da rede de bibliotecas públicas de Galicia". Notas de título.
- ↑ "25 anos de auditorio e centenares de música". Faro de Vigo. 17-05-2016. Consultado o 15-03-2024.
- ↑ "Proxecto Meiga. Portal das bibliotecas de Galicia". Detalle de rexistro.