Saltar ao contido

Canle Nieuwe Delft (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCanle Nieuwe Delft
Imaxe
Tipocanle Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDelft, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDelft Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°00′46″N 4°21′24″L / 52.012639, 4.356778
Características
Dimensións1,1 (lonxitude) km

A canle Nieuwe Delft (en galego: "canle nova de Delft") é unha das numerosas canles que sucan a cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.[1]

Esta canle, que corre paralela á máis vella da cidade, a Oude Delft, tamén é coñecida polos nomes das rúas que van paralelas a ela (sucesivamente, de norte a sur: Voorstraat, Hippolytusbuurt, Koornmarkt e Korte/Lange Geer.[2]

Logo da construción, arredor do ano 1100, da primeira canle da que máis tarde sería a cidade de delft, cara a finais do século XII escavouse unha segunda gabia paralela a aquela, momento en que se empezaron a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft ("canle vella") e Nieuwe Delft. Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.

Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación desta segunda (Neuwe Delft), constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional (Rijksmonument).

Edificios principais

[editar | editar a fonte]

De norte a sur:

  • Ponte San Stevensbrug.
  • Ponte peonil Visbrug.
  • Ponte Poelbrug.
  • Ponte Hof van Delftbrug.
  • Warmoesbrug (une a canle Voldersgracht coa parte superior da praza Cameretten).
  • Ponte peonil Waagsteeg.
  • Ponte Towbrug.
  • Ponte peonil Leeuwebrug.
  • Ponte Sint Jacobsbrug.
  1. "Water in Delft Arquivado 29 de xullo de 2016 en Wayback Machine.". En Wikidelft.nl (en neerlandés)
  2. "Gracht de Niewe Delft". En Traveltalia.com (en neerlandés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] '(en neerlandés)'

Outros artigos

[editar | editar a fonte]