Candidatura d'Unitat Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Candidatures d'Unitat Popular")
Candidatura d'Unitat Popular (CUP)
Confederación de asembleas locais
Dirixentes e organización
Líder David Fernàndez (portavoz)
Historia
Fundación 1986
Posicións políticas
Ideoloxía Independentismo catalán
Pancatalanismo
Anticapitalismo
Socialismo
Ecoloxía
Feminismo
Representación
Representación 3 deputados (Parlamento catalán)
Outros datos
Sede Plaça de Gispert, 4, 1r Manresa
Páxina web www.cup.cat

A Candidatura d'Unitat Popular, (coñecidas tamén por as súas siglas, CUP) (en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas. Compóñense de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá.[1] Tradicionalmente, preséntanse só ás eleccións municipais, pero en 2012 decidiron presentarse as eleccións ao Parlamento Catalán.[2]

Defenden a conversión do que chaman Países Cataláns nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (co consello como base da organización política).[3] Agrupa militantes procedentes de diversas entidade e plataformas de esquerda, como por exemplo os de Poble Lliure[4].

Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://cup.cat/pagina/qu%C3%A8-%C3%A9s-una-cup
  2. http://www.vilaweb.cat/noticia/4047042/20121013/cup-decideix-presentar-eleccions-parlament.html
  3. http://issuu.com/cupnacional/docs/cup-programa_politic_2012
  4. Poble Lliure emet un comunicat criticant amb duresa el vet de la CUP a Mas, nova en Wilaweb.cat o 6 de xaneiro de 2016.
  5. http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/3-politica/17-politica/415440-els-resultats-de-la-cup-els-apropen-a-lesco-al-parlament.html
  6. http://elecciones.mir.es/resultados2011/99MU/DMU09999CM_L1.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]