Callitriche hamulata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Callitriche hamulata
Clasificación científica
Reino: Plantae
Orde: Lamiales
Familia: Callitrichaceae
Xénero: Callitriche
Especie: hamulata
Nome binomial
Callitriche hamulata
Kütz. ex W.D.J. Koch
Sinonimia[1]

Callitriche hamulata é unha especie de planta con flores pertencente á familia Plantaginaceae.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta submergullada con talos finos e ramificados duns 20-70 cm de longo. As follas estreitas e verde claro son de ata 6 cm de de longo e 1-2 mm de ancho, lixeiramente ensanchadas na punta. As follas que poden flotar enriba da auga, son máis curtas e anchas, tamén son de cor marrón claro ou verde rosado.[3] Ten pequenas flores e froitos verdes discretos,[4] e ten un período de floración entre maio e outubro.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Figura de Deutschlands Flora in Abbildungen, ilustrada por Johann Georg Sturm.

Foi descrita por Wilhelm Daniel Joseph Koch antes de ser publicada amplamente por Friedrich Traugott Kützing na colección 'Synopsis Florae Germanicae et Helveticae' 246 en 1837.[1]

O epíteto específico latino hamulata deriva de hamatus que significa "con ganchos" ou "gancho",[6] referíndose ao extremo ganchudo das follas.[5]

Distribución[editar | editar a fonte]

Foto das Altas Ardenas, Bélxica.

Callitriche hamulata é orixinaria dunha ampla área, que se estende desde Groenlandia,[2][7] e Islandia,[3] a través de Europa ata o noroeste de África.[2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase en correntes de fluxo rápido,[8] que están ben osixenadas, e en augas doces, desde o nivel do mar ata uns 1200 m sobre o nivel do mar.[5] Esta planta pode medrar en augas pouco profundas e tamén pode adaptarse a un nivel de auga máis profundo, especialmente despois das inundacións.[3] Tamén se pode atopar en ou preto de lagoas, cunetas, en augas tranquilas ou lentas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Callitriche hamulata Kütz. ex W.D.J.Koch is an accepted name". theplantlist.org (The Plant List). 23 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Plants of the World Online". Plants of the World Online (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 3,2 W. Vivian De Thabrew A Manual of Water Plants en Google Books., p.43.
  4. 4,0 4,1 "Intermediate Water-starwort". Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Callitriche hamulata Kütz. ex W.D.J. Koch". Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  6. Brown, Roland Wilbur (1956). The Composition of Scientific Words. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. p. 420. 
  7. Jon Feilberg A Phytogeographical Study of South Greenland Vascular Plants (Bioscience 15, 1984) en Google Books., p. 13.
  8. S. M. Haslam e P. A. Wolseley River Vegetation, Its identification, assessment and management en Google Books., p. 46.