Café con Tostada
Aparencia
Café con Tostada | |
---|---|
Fundación | 1895 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Café con Tostada foi un periódico editado en Pontevedra en 1895.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario satírico ilustrado, apareceu o 13 de xaneiro de 1895. Periódico semanal, aparecía os domingos. Estaba dirixido por José Bermúdez Montero. Constaba de oito páxinas e contaba coas seccións "Mocka y caracolillo", "Azucarillos" e "Tostadas". Editábase na Imprenta de José Eiras. O último número coñecido é o 6, publicado o 17 de febreiro de 1895.
Colaboraron nel, con poemas ou relatos en lingua castelá, Enrique Labarta Pose, Jaime Solá, Alberto García Ferreiro, Luís Taboada, Salvador Golpe e Manuel Amor Meilán.[1] En galego unicamente publicou unhas "Máximas" de Carlos Pol.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. p. 93. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ Número 4 (3/2/1895), páxina 3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carré Aldao, Uxío (1991). A imprenta e a prensa en Galicia. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0291-4.
- Fernández Pulpeiro, Juan Carlos (1981). Apuntes para la historia de la prensa del siglo XIX en Galicia (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-082-5.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. p. 323. ISBN 84-7492-489-8.