Rock FM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rock & Gol»)
Rock FM
ROCK FM
LocalizaciónMadrid
Área de radiodifusiónEspaña España
EsloganLa casa del rock
ClaseRadiofórmula
Música rock
IndicativoROCK FM
Indicativos anterioresROCK&GOL
AfiliaciónGrupo COPE
PropietarioRadio Popular S.A.
Estacións irmásCOPE, Cadena 100, MegaStar FM
Na rede
[Rock FM en directo Webcast]
rockfm.fm
editar datos en Wikidata ]

Rock FM é unha cadea de radio española, especializada en música rock, operada por Radio Popular S.A., que comezou as súas emisións como Rock & Gol no 2004. Baseábase en dous piares únicos, a música rock, de tódolos tempos, combinada con programas de tertulias e boletíns cada hora de novas de deportes, até que en 2011 cambiou o seu nome e formato ao actual.

O formato musical de Rock FM é coñecido por bloques de unha hora de música sen publicidade durante a radiofórmula, intercalados con descansos publicitarios de 6 minutos entre bloque e bloque.

Pertence ao grupo Radio Popular tamén chamado Grupo COPE, ao que pertencen tamén outras emisoras de radio e televisión: a radio xeneralista COPE e as emisoras de radio Cadena 100 e MegaStar FM.

É a quinta emisora de radio temática máis escoitada de España con 1.107.000 oíntes, segundo o 3ª informe do EXM de 2019.[1] Pódese sintonizar a través da radio FM, TDT, internet e aplicación para dispositivos móbiles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EGM completo Arquivado 20 de abril de 2017 en Wayback Machine. aimc.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]