Conversa:Fervenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Unha fervenza é calquera salto de auga, non se debe confundir cunha catarata que se debe manter para os saltos de auga de gran tamaño.--Miñato 10:16, 17 xuño 2006 (UTC)

DRAG[editar a fonte]

Agora temos o artigo cachoeira para sinalar calquera fervenza e afirmamos que cachón é unha fervenza pequena pero o DRAG establece que unha cachoeira é unha fervenza pequena, logo é un sinónimo de cachón. Sinónimos de fervenza son abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga, seimeira habería que mover o artigo a un que estea libre, en fervenza xa hai un artigo sobre os topónimos--HacheDous=0 (conversa) 4 de agosto de 2018 ás 20:43 (UTC)

Cachoeira si é sinónimo total de fervenza cando falamos das burbullas pero ese é outro conto, non é do que trata o artigo.--HacheDous=0 (conversa) 4 de agosto de 2018 ás 20:59 (UTC)
Tamén se podería mover o actual fervenza a fervenza (homónimos) e deixar así fervenza para este artigo que é forma que seguramente máis se empregue en literatura e nos medios de comunicación--HacheDous=0 (conversa) 4 de agosto de 2018 ás 21:09 (UTC)
O mellor é esta última opción, que supón respetar a primeira opción, houbo un movemento de fervenza a cachoeira e supón cumprir a política de títulos de wikipedia:Homónimos cando hai un tema primario.--HacheDous=0 (conversa) 5 de agosto de 2018 ás 07:04 (UTC)
+1! Pensando na formación xeolóxica, concordo, HacheDous=0. A RAG defínea como un "desnivel brusco" nun "leito dun río", sen especificar moito máis. Penso que é o termo máis empregado na fala, e un dos máis xenéricos para todos os tipos de fervenzas, ruxidoiras, saltos... Polo que vexo "cachón", "cachoeira" e "pincheira" serían "fervenzas pequenas".Mgl.branco (conversa) 5 de agosto de 2018 ás 10:01 (UTC)