Cabo de Cruz, Castro, Boiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cabo de Cruz»)
Cabo de Cruz

O porto de Cabo de Cruz.
ParroquiaCastro
ConcelloBoiro
Coordenadas42°36′55″N 8°53′09″O / 42.61527778, -8.88572778Coordenadas: 42°36′55″N 8°53′09″O / 42.61527778, -8.88572778
Poboación2430 hab. ()
editar datos en Wikidata ]

Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro, situada no sur do concello de Boiro á beira da ría de Arousa. Nos últimos anos o descenso de poboación foi notable, chegando a ter antes de 1999 un número de habitantes de preto de 3.000[Cómpre referencia].

Monumentos[editar | editar a fonte]

Ten dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a Igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.

Canto ó seu patrimonio arqueolóxico, destacan o Castro do Achadizo, o Castro da Jurita e mais os Fornos de Pedra Rubía. Cómpre salientar así mesmo os cruceiros de Romarís e o da Aldea de Arriba, e os hórreos de Romarís e de Carreró. No que se refire á construción civil, destaca pola súa antigüidade a Torre dos Cóengos no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e XVI[1]. Sufriu diversas remodelacións co correr do tempo. Tamén cómpre citar a Granxa do Esteiro, con escudo brasonado.

Economía[editar | editar a fonte]

O marisco, parte importante da economía crucense

A maioría da poboación traballa no mar. O porto de Cabo de Cruz está en fase de expansión debido a grande actividade marítima que rexistra. O sector marisqueiro, coa extracción de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.

O turismo é un sector dada a calidade recoñecida de praias como a de Carragueiros ou a Retorta, que dispoñen da Bandeira Azul e mais do Q de calidade, amais doutras como Ladeira e a Ribeira Grande ou pequenas calas da costa crucense.

Cultura e deporte[editar | editar a fonte]

No eido da fotografía destacar a Suso Torrado[2].

Ten un club de remo: o Club de Remo Cabo da Cruz, fundado en 1979, que participa na liga ACT[3] e con diversos premios no seu haber[4]. En fútbol, existe o equipo inicialmente chamado Cabo de Cruz S.D., club fundado en 1970 que mudou o seu nome a S.D. Valiño - Cabo de Cruz en 1992.

En piragüismo destaca o crucense Andoni Larrauri, quen comezou a súa andaina no Club Morcego[5] e ten títulos como o de subcampión de España en K-1[6].

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festa de San Xoán: festa que se celebra o 23 de xuño e que está en fase de recuperación.
  • Festa do Carme: festa que se celebra o 16 de xullo, cunha importante tradición no tocante á procesión marítima, e de sona na bisbarra do Barbanza, contando con diversas actividades.
  • Romaría do Castro: celébrase os días 5, 6, 7 e 8 de setembro. Son as festas parroquiais e celébranse dende o nacemento da parroquia do Castro.
  • Exaltación do Mexillón: celébrase o 15 de agosto, é unha festa de carácter gastronómico.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Castro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castro no concello coruñés de Boiro

Aldea de Arriba | Banda ó Río | Cabo de Cruz | Cariño | Cesar | Esteiro | Fonte de Mouro | A Pesqueira | Romarís | Xián

Parroquias de Boiro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro

Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Info sobre a Boiro, revista do IES Espiñeira
  2. Suso Torrado: fotógrafo e mitilicultor[Ligazón morta] Entrevista en Certo Xornal
  3. Cabo de Cruz márcase como reto seguir na máxima división Arquivado 02 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Nova aparecida no Galicia Hoxe o 3 de xullo de 2007
  4. Premios de Club de Remo Cabo de Cruz Arquivado 06 de outubro de 2008 en Wayback Machine., por modalidades
  5. Andoni Larrauri brilla en Outes Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Nova aparecida en La Voz de Galicia o 24 de xullo de 2006
  6. "Larrauri, un campión crucense". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]