Longa Marcha 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CZ-6»)
Longa Marcha 6 / Chang Zheng-6 (CZ-6)
FunciónLanzador espacial medio
fabricanteCALT
país de orixeRepública Popular da China
Tamaño
altura29,0 m
diámetro3,35 m
masa103.000 kg
Etapas3
Carga LEO
masa1500 kg
foguetes derivados
FamiliaLonga Marcha
Lanzamento históricos
EstadoActivo
SitiosCentro de lanzamento de Taiyuan
Voo inaugural19 de setembro de 2015
editar datos en Wikidata ]


Longa Marcha 6 (Chang Zheng 6 en pinyin, abreviadamente CZ-6) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha. Tódolos CZ-6 lánzanse desde o centro de lanzamento de Taiyuan.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 6 é un lanzador orbital chinés de tres etapas que na súa versión máis potente pode levar catro aceleradores. Pode poñer cargas de ata 1500 kg en órbita baixa terrestre ou de ata 4000 kg en órbita heliosincrónica. Usa unha etapa central de 3,35 m de diámetro cun motor YF-100 e unha segunda e terceira etapas con motores YF-115 e YF-85.[1][2]

Variantes[editar | editar a fonte]

CZ-6A[editar | editar a fonte]

A versión CZ-6A usa unha primeira etapa máis ancha e catro foguetes aceleradores para poder poñer cargas máis pesadas en órbita.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo Data Versión Carga Resultado Notas
1 19 de setembro de 2015 CZ-6 XY 2 / DCBB / ZDPS 2A / ZDPS 2B / XW 2A, 2B, 2C, 2D, 2E e 2F / LilacSat 2 / NS 2 / ZJ 1 / KJSY 1 / TT 3 / NUDT-PhoneSat / XC 1, 2, 3 e 4 Éxito Primeiro voo dun CZ-6.
2 21 de novembro de 2017 CZ-6 Jilin-1 Shipin-04, 05 e 06 Éxito
3 13 de novembro de 2019 CZ-6 Zhongzi 1-01 a 05 Éxito
4 6 de novembro de 2020 CZ-6 ÑuSat 9 a 18 / Beihangkongshi 1 / Tianyan 05 / BY 3 Éxito
5 27 de abril de 2021 CZ-6 Qilu 1 e 4 / Foshan 1 / Hangsheng 1 / Tianqi 9 / NEO 1 / Taijing-2 01 / Jinzijing 1-01 e 02 Éxito
6 9 de xullo de 2021 CZ-6 Zhongzi 2-01 a 05 Éxito
7 5 de agosto de 2021 CZ-6 KL-Beta A / KL-Beta B Éxito
8 5 de novembro de 2021 CZ-6 Guangmu 1 Éxito
9 29 de marzo de 2022 CZ-6A Pujiang 2 / Tiankun 2 Éxito
10 10 de agosto de 2022 CZ-6 Jilin-1 Gaofen-03D-09 a 03D-43 / Jilin-1 Hongwai-A01 a A06 Éxito
11 26 de setembro de 2022 CZ-6 SY 16A, SY 16B e SY 17 Éxito
12 11 de novembro de 2022 CZ-6A Yunhai-3 01 Éxito
13 10 de setembro de 2023 CZ-6A Yaogan 40A, 40B e 40C Éxito
14 31 de outubro de 2023 CZ-6A Tianhui 5 Éxito
15 26 de marzo de 2024 CZ-6A Yunhai-3 02 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 6" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-6 (Chang Zheng-6)" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]