YF-100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
YF-100
País de orixeRepública Popular da China[1]
EstadoEn produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteOxíxeno líquido / Queroseno[1]
Taxa de mestura2,7
Rendemento
Pulo1339,48 kN[1]
Impulso específico335 s[1]
Isp (nivel do mar)300 s[1]
Usado en
CZ-5, CZ-6, CZ-7[1]

O motor foguete YF-100 é un motor desenvolvido pola República Popular da China para o seu uso nos foguetes CZ-5, CZ-6 e CZ-7.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O YF-100 é un motor alimentado con oxíxeno líquido equeroseno, producindo 1339,48 kN de pulo, que pode ser reducido ata o 65% durante o voo. O tanque de osíxeno presurízase co propio osíxeno sangrado polo motor e o de queroseno presurízase con helio. O desenvolvemento do motor comezou a principios dos anos 2000, xunto co do YF-115, e as primeiras probas comezaron en 2003, completándose en 2012, varios anos máis tarde do previsto. O primeiro voo dun YF-100 tivo lugar en 2016.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2022). "YF-100" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]