Relación de derivación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turbofan con baixo índice de derivación, ten un soprante (ventilador) máis pequeno e a maior parte do aire pasa pola turbina.
Turbofan con baixo índice de derivación, ten un soprante (ventilador) máis pequeno e a maior parte do aire pasa pola turbina.
Turbofan con alto índice de derivación, ten un ventilador grande e a maioría do aire pasa polo conduto exterior da turbina.
Turbofan con alto índice de derivación, ten un ventilador grande e a maioría do aire pasa polo conduto exterior da turbina.
Turborreactor con índice derivación cero, todo o aire pasa a través da turbina.
Turborreactor con índice derivación cero, todo o aire pasa a través da turbina.

O termo relación de derivación (inglés: bypass ratio ou BPR) refírese a unha característica de deseño dos motores de reacción de tipo turboventilador, utilizados normalmente en aviación. Defínese como a relación entre o caudal másico de aire que pasa a través do soprante canalizado e pasa por fóra do núcleo do motor (aire non queimado), con respecto ao caudal másico que pasa polo núcleo do motor para realizar a combustión que produce a enerxía mecánica. Por exemplo, cunha relación de derivación 10:1, por cada 1 kg de aire que pasa a través da cámara de combustión, pasan 10 kg de aire en torno a ela a través do soprante canalizado.

Nun deseño de alto índice de derivación, a gran maioría do pulo provén do soprante canalizado, máis que da expansión dos gases de combustión na tobeira.[1] Unha alta relación de derivación ofrece un menor consumo de combustible (en gramos/sec por kN de pulo), especialmente a velocidade cero (en engalaxes) e á velocidade de cruceiro da maioría dos avións de reacción comerciais. Este é con diferenza o tipo de motor dominante en todos os avións de reacción de pasaxeiros e de transporte tanto civil como militar. A súa menor velocidade nos gases de saída tamén fai que sexa menor a produción de ruído, unha gran vantaxe con respecto aos deseños de pouca ou nula relación de derivación.[2]

Os deseños con baixo índice de derivación tenden a ser usados nos avións militares de combate pola súa boa relación entre economía en consumo de combustible e requirimentos en combate, onde se valora unha alta relación potencia a peso, bo rendemento a velocidade supersónica, e a capacidade para usar postqueimadores, máis compatibles con motores de baixa relación de derivación. Un bo exemplo das diferenzas entre un motor de reacción puro e un turboventilador de baixo índice de derivación pode verse co uso do turbofan Rolls-Royce Spey no avión de combate F-4 Phantom II, avión equipado orixinalmente con turborractores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zucker, Robert D. (1977). Publishers, ed. Fundamentals of Gas Dynamics. pp. 322-333. 
  2. Lockard, D.P.; G.M. Lilley (2004). "The airframe noise reduction challenge". NASA Technical Report.