Santi Abad
Santi Abad | |
---|---|
Posición | Aleiro |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Nacemento | 24 de xullo de 1969 (53 anos)![]() |
Carreira | |
Tempadas | 1985–2002 |
Canteira | Bon Pastor/Espanyol |
Internacional | 16 veces |
Equipo(s) | |
Español-Juver (1985–1986) GIN MG Sarriá (1986–1987) IFA Español (1987–1988) FC Barcelona (1988–1989) Grupo IFA Granollers (1989–1991) Taugrés Vitoria (1991–1992) Juver Murcia (1992) Juventud Alcalá (1992) Sant Cugat (1993–1994) Taugrés Vitoria (1993–1995) Real Madrid (1995–1996) Cáceres (1996–1997) Taugrés Vitoria (1997–1998) Breogán Universidade (1998–1999) Peristeri Atenas (1999–2000) CB Montcada (2000) Cantabria Lobos (2001) Cáceres (2001–2002) | |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | 2 801 (7,7 pp) |
Rebotes | 1 291 (3,5 pp) |
Asistencias | 306 (0,8 pp) |
Premios | |
|
Santiago Abad Viciano, coñecido como Santi Abad, nado o 24 de xullo de 1969 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto español que comezou a súa carreira como profesional en 1985, con tan só 15 anos, no equipo do R.C.D.Español. Cunha altura de 2,03 metros xogaba de aleiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Barcelona, o 24 de xullo de 1969. Mide 2,03 metros de altura e xogaba na posición de aleiro ou ala pivote. Saíu da canteira do Bon Pastor de Barcelona, sendo rexeitado nun primeiro momento polo principal equipo de baloncesto da cidade, o FC Barcelona, acabando nas filas do R.C.D.Español.
Como profesional chegou a xogar en máis de dez equipos diferentes. O seu forte carácter influíu notablemente ao longo de toda a súa carreira. Foi considerado, na súa etapa de júnior, como un dos xogadores españois con máis talento. Entre os seus títulos como xogador, destacar o campionato da Liga ACB co FC Barcelona en 1989, e a Copa do Rei conseguida co TAU Baskonia en 1995.
Disputou, durante a súa traxectoria profesional, 364 partidos da máxima competición española, con medias de 7,7 puntos e 3,5 rebotes por partido. Foi internacional coa Selección de baloncesto de España en 16 ocasións.
Clubs[editar | editar a fonte]
- Canteira Bon Pastor Barcelona
- 1985-1986: Español-Juver
- 1986-1987: GIN MG Sarriá
- 1987-1988: IFA Español
- 1988-1989: FC Barcelona
- 1989-1991: Grupo IFA Granollers
- 1991-1992: Taugres Baskonia
- 1992-1993: Juver Murcia
- 1993-1995: Taugres Baskonia
- 1995-1996: Real Madrid
- 1996-1997: C.B. Cáceres
- 1997-1998: TAU Cerámica
- 1998-1999: Breogán de Lugo
- 1999-2000: Peristeri
- 2000-2001: Cantabria Lobos
- 2001-2002: C.B. Cáceres
Palmarés[editar | editar a fonte]
Títulos internacionais de club[editar | editar a fonte]
- Subcampión da Copa de Europa (Antiga Recopa) co TAU Cerámica en 1993 e 1994
Títulos nacionais de club[editar | editar a fonte]
- Campión da Liga ACB co FC Barcelona en 1989
- Campión da Copa do Rei co TAU Cerámica en 1995
- Subcampión da Liga ACB co TAU Cerámica en 1998
- Subcampión da Copa do Rei co TAU Cerámica en 1994 e co C.B. Cáceres no 1997
Consideracións persoais[editar | editar a fonte]
- Elixido "Mellor Sexto Home" da Liga ACB da tempada 1993-1994 pola revista "Gigantes del Superbasket".
Vida posterior[editar | editar a fonte]
En 2009 entrou a formar parte dos concursantes dun reality show emitido pola cadea de televisión española Telecinco chamado Supervivientes (do castelán: Sobrevivintes).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do Granollers EB
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do CB Murcia
- Xogadores do Real Madrid Baloncesto
- Xogadores do Cáceres CB
- Xogadores do Cantabria Baloncesto
- Xogadores do Peristeri BC
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Cataluña
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Nados en 1969
- Nados en Barcelona