Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A Cúpula de Ferro (hebreo:כִּפַּת בַּרְזֶל, árabe:گنبد آهنی, inglés:Iron Dome) é un sistema de defensa antiaérea israelí[1] deseñado por Rafael Advanced Defense Systems e Israel Aircraft Industries.[2] Este sistema deseñouse para interceptar e destruír mísiles de curto alcance e proxectís de artillaría disparados dende distancias de 4 a 70 km e que estivesen dirixidos cara áreas poboadas.[3][4] O goberno de Israel propúxose incrementar este rango dende os 70km ata un máximo de 250km, engadindo a capacidade de interceptar proxectís lanzados dende varias direccións ao mesmo tempo.[5]
Declarouse operacional e comezou a funcionar o 27 de marzo de 2011 preto de Beersheba.[6] O 7 de abril de 2011 o sistema interceptou un proxectil lanzado dende a Franxa de Gaza por primeira vez.[7] O 10 de marzo de 2012 The Jerusalem Post informou que o sistema conseguira derribar o 90% dos proxectís lanzados dende Gaza con obxectivos en áreas poboadas,[4] e en novembro de 2012 os informes oficiais do goberno israelí reportaron que o sistema levaba interceptado máis de 400 proxectís.[8][9]
↑Sharp, Jeremy M. (16 de setembro de 2010). "U.S. Foreign Aid to Israel"(PDF). Congressional Research Service. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 11 de marzo de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2011.