César Pachón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCésar Pachón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Carmen de Carupa, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pedagóxica e Tecnolóxica de Colombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

César Augusto Pachón Achury, nado en Carmen de Carupa o 21 de maio de 1983, é un agricultor, enxeñeiro agrónomo e político colombiano. Foi representante á cámara polo departamento de Boyacá co aval do Movemento Alternativo Indíxena e Social durante o período 2018-2022 e foi elixido senador da república para o período 2022-2026 na lista pechada da coalición Pacto Histórico. Pachón deuse a coñecer polo seu liderado na Folga Nacional Agraria do ano 2013.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pachón naceu no concello de Carmen de Carupa na fronteira entre os departamentos de Cundinamarca e Boyacá. Criouse principalmente na cidade de Tunja; durante a súa mocidade dedicouse á agricultura principalmente cultivando pataca e cebola.[1]

É enxeñeiro agrónomo da Facultade de Ciencias Agropecuarias da Universidade Pedagóxica e Tecnolóxica de Colombia.[2]

No ano 2013 fundou xunto a outros líderes sociais o Comité Por la Dignidad Papera y la Soberanía Alimentaria, opostos aos tratados de libre comercio asinados durante os gobernos de Álvaro Uribe e Juan Manuel Santos.[1]

No ano 2015 foi candidato á gobernación de Boyacá onde obtivo o terceiro lugar en votación e onde foi elixido Carlos Amaya.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado coa xornalista e animalista santandereana Rosa Juliana Herrera Pinto, quen tamén tivo aspiracións políticas dentro do partido Alianza Verde.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Líder de Dignidad Agropecuaria". La Silla Vacía. 2021. 
  2. camara.gov.co (ed.). "Perfil de César Pachón na Cámara de Colombia". Consultado o 5 de abril de 2023. 
  3. "Cesar Pachón y su ‘esposa’ quien también buscará una credencial al Congreso". 7 Días Boyacá. 2022.