Bérgamo
Bergamo (it) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Provincias | Provincia de Bérgamo ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 119.534 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 40,16 km² ![]() | ||||
Altitude | 249 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Azzano San Paolo (pt) ![]() Seriate (pt) ![]() Ponteranica (pt) ![]() Sorisole (pt) ![]() Torre Boldone (pt) ![]() Stezzano (pt) ![]() Treviolo (pt) ![]() Paladina (Italia) Mozzo (pt) ![]() Curno Orio al Serio (pt) ![]() Gorle (pt) ![]() Lallio (pt) ![]() Valbrembo (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Alexandre de Bérgamo (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Giorgio Gori (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 24121–24129 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 035 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 016024 ![]() | ||||
Código catastral italiano | A794 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | A Rioxa Bengbu (pt) ![]() Buenos Aires Cochabamba Mendoza Olkusz (pt) ![]() Pueblo (pt) ![]() Greenville (pt) ![]() Tver (pt) ![]() Mulhouse (1989–) ![]() | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 1 de xuño de 2006 | ||||
Identificador | 331 | ||||
Páxina web | comune.bergamo.it ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Bérgamo[1] (Bèrghem en lombardo - Bergamo en italiano) é unha cidade de Italia, capital da provincia do mesmo nome, na rexión da Lombardía, uns 40 km ao nordeste de Milán. Ten 121.137 habitantes.
A cidade está dividida en dúas partes diferenciadas: Città Alta (Sìta Ólta), o centro histórico cercado por unha muralla, e a Città Bassa (Sìta Bàsa), a parte moderna.
Historia
[editar | editar a fonte]Bérgamo foi fundada co nome de Barra na época prerromana polos lígures ou polos etruscos[2]. Os romanos conquistaron a cidade no século II a.C. e rebautizárona como Bergomum. Os habitantes de Bergomum, xunto co resto de habitantes da Transpadania, convertéronse en cidadáns romanos no ano 49 a.C..
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5c/Bergamo%2C_view.jpg/200px-Bergamo%2C_view.jpg)
Trala caída do Imperio Romano, Bérgamo foi saqueada, até a chegada dos longobardos no 569, que instalaron un ducado. Ao seren destituídos os longobardos polos francos no 774, a cidade pasou a ser gobernada por unha serie de condes. En 1098 Bérgamo converteuse en comuna libre e despois dalgunhas guerras contra Brescia uniuse á Liga Lombarda contra o emperador Frederico I Barbarroxa. A partir do século XIII, no ámbito das das loitas entre güelfos e xibelinos, Bérgamo caeu baixo influencia dos vizcondes de Milán.
En 1428 Bérgamo pasou a formar parte da República de Venecia, cuxo dominio lle proporcionou paz e prosperidade. Os venecianos reconstruíron a cidade vella e erixiron fortes murallas defensivas. O dominio veneciano continuou até a era napoleónica, cando, despois da breve experiencia da República Bergamasca, da República Cisalpina e do Reino de Italia, coa Restauración, Bérgamo caeu baixo influencia austríaca no Reino Lombardo-Vêneto. Os austríacos foron os precursores da industrialización no territorio bergamasco, coa implantación de manufacturas téxtiles.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita cos concellos de Azzano San Paolo, Curno, Gorle, Lallio, Mozzo, Orio al Serio, Paladina, Ponteranica, Seriate, Sorisole, Stezzano, Torre Boldone, Treviolo e Valbrembo.
Clima
[editar | editar a fonte]Segundo a clasificación climática de Köppen, Bérgamo ten un clima tipicamente temperado de medias latitudes (Cfa), chuvioso ou frecuentemente húmido en todas as estacións do ano e con veráns moi quentes.
As precipitacións concéntranse nos períodos comprendidos entre marzo e maio, cun leve descenso nos meses de verán, recuperándose no período entre outubro e novembro.
O inverno esténdese, xeralmente, de novembro a finais de marzo, e está caracterizado por un nivel pluviométrico moi baixo para os padróns italianos. Con base na media de referencia 1961-1990, a temperatura media do mes máis frío, que é xaneiro, é de 1,5 °C, e do mes máis quente, que é xullo, é de 22,4 °C.
Medias de temperatura para Bérgamo | |||||||||||||
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xun | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Media máxima °C | 5,5 | 7,89 | 12,11 | 16,28 | 20,89 | 25 | 27,72 | 26,72 | 23,28 | 17,5 | 10,72 | 6,28 | 16,27 |
Media mínima °C | -1,89 | 0,11 | 3,22 | 6,5 | 10,72 | 14,39 | 17 | 16,61 | 13,78 | 9 | 3,5 | -1,11 | 7,67 |
Precipitacións (mm) | 71 | 64 | 84 | 89 | 127 | 112 | 109 | 130 | 94 | 109 | 112 | 56 | 1.156 |
Fonte: Intellicast |
Deporte
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/76/Stadio_di_Bergamo.jpg/200px-Stadio_di_Bergamo.jpg)
Bérgamo é sede da Atalanta, que xoga no Estadio Atleti Azzurri d'Italia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada "Asteria" na Guía de nomes galegos, RAG. "... houbo, así mesmo, unha santa Asteria de Bérgamo (Italia), mártir durante a persecución de Diocleciano..."
- ↑ Ducato di Piazza Pontida
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bérgamo |