Burt Monroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Burt Monroe
Nacemento25 de agosto de 1930
 Louisville
Falecemento14 de maio de 1994
 Kentucky
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Estado da Luisiana
Ocupaciónornitólogo e zoólogo
editar datos en Wikidata ]

Burt Leavelle Monroe, Jr, nado o 25 de agosto de 1930 en Louisville, Kentucky, e finado o 14 de maio de 1994 na mesma cidade,[1] foi un ornitólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

  • Desde 1953 foi membro da American Ornithologists' Union e, entre 1981 e 1994, director da Commisión de Clasificación e Nomenclatura desta sociedade e, finalmente, de 1990 a 1992, presidente da mesma.
  • En 1959 doutorouse na Universidade do Estado de Luisiana.
  • En 1961 participou en numerosos estudos de campo en Nova Zelandia e África.
  • En 1965 foi profesor axunto de bioloxía na Universidade de Louisville.
  • Desde 1970 a 1993 foi o director do Departamento de bioloxía de Universidade de Louisville.

Burt L. Monroe foi coñecido localmente en Louisville como investigador de ovnis, e foi un participante regular no programa de radio de Milton Metz para tratar sobre este tema.[Cómpre referencia]

Monroe faleceu o 14 de maio de 1994 en Louisville, e está soterrado no Cave Hill National Cemetery desta cidade.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

A súa principal obra foi Distribution and Taxonomy of Birds of the World, publicada en 1990 en colaboración con Charles Sibley.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Monroe emprégase para recoñecer a Burt Monroe como autoridade na descrición e taxonomía e zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dr Burt Leavelle Monroe, Jr en Find A Grave.