Burnum Burnum
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1936 Wallaga Lake National Park, Australia (en) |
Morte | 17 de agosto de 1997 (61 anos) Woronora, Australia |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Educación | Universidade de Tasmania |
Actividade | |
Ocupación | xogador de rugby league, político, nadador, actor |
Deporte | natación |
Burnum Burnum, nado o 10 de xaneiro de 1936 e finado o 17 de agosto de 1997,[1][2] foi un deportista, activista, autor e actor aborixe australiano. Pertencía aos pobos wurundjeri e yorta yorta, e naceu no lago Wallaga, en Nova Gales do Sur. Orixinalmente foi bautizado como Harry Penrith[3] mais en 1976, cambiou o seu nome a Burnum Burnum ("Gran Guerreiro") na honra do seu avó e para recoñecer a súa identidade aborixe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Burnum Burnum foi un neno das xeracións roubadas, xa que foi arrebatado dos seus pais cando só tiña tres meses. A historia dos seus primeiros anos de vida, presentada en Late Night Live con Phillip Adams en 1999, ilustra graficamente a brutalidade da política de asimilación a mediados do século XX.[4] Foi criado como orfo e como unha persoa branca, recibindo o nome de Harry Penrith, e ensináronlle que o branco era bo e o negro malo. Pasou moitos anos en casas de nenos dirixidas pola NSW Aborigines Welfare Board, sobre todo Kinchela Boys Home en Kempsey onde sufriu abusos, como por exemplo, ser golpeado cun látego do gando por romper accidentalmente unha fiestra cunha pelota de cricket ou ser obrigado a dicir "Mírame e verás que son aborixe" diante da súa clase.[2]
O Welfare Board promoveu os seus logros na rugby league e como salvavidas de surf en Kempsey na súa publicación Dawn, e informou de que deixou Kinchela para converterse nun empregado aborixe pioneiro no Servizo Público de NSW, traballando para o Departamento de Agricultura, onde permaneceu durante 13 anos. Porén, as persoas das xeracións roubadas como Burnum, aínda que criadas como "brancas", foron moitas veces rexeitadas pola sociedade branca, deixándoas sen nada. Na década de 1960 buscou a súa identidade aborixe e uniuse á batalla polos dereitos aborixes.[2]
No deporte
[editar | editar a fonte]Burnum Burnum tamén xogou na Rugby Union de primeiro grao para Parramatta, Nova Gales do Sur, tanto na rugby league coma no crícket.[5]
Activismo
[editar | editar a fonte]Burnum Burnum implicouse no activismo dos dereitos dos indíxenas australianos mentres asistía á Universidade de Tasmania a finais dos anos 60. Durante a década de 1970 continuou o seu traballo de activismo despois de converterse en bahá'í, facendo campaña con éxito para que o esqueleto da última muller aborixe de Tasmania de ascendencia totalmente indíxena, Truganini, deixase de estar exposto no Museo de Tasmania. O esqueleto foi liberado e incinerado no seu lugar de nacemento en 1976.[2] Foi galardoado co Churchill Fellowship en 1975 para estudar as disposicións de albergues para os indíxenas no exterior.[5]
Burnum Burnum é especialmente lembrado por plantar a bandeira aborixe nos cantís brancos de Dover no Día do Bicentenario de Australia, o 26 de xaneiro de 1988. Esta foi a súa forma satírica de reclamar Inglaterra, como fixera Arthur Phillip coa terra natal de Burnum Burnum en 1788 cando chegou coa Primeira Frota.[6] Porén, Burnum afirmou que non lles faría dano aos nativos de Inglaterra como resultado da súa invasión.[2] Unha copia da Declaración de Burnum Burnum está exposta entre as tallas e esculturas indíxenas no Labirinto Encantado (tamén coñecido como Arthur's Seat Maze), na península de Mornington, en Melbourne.
Burnum Burnum entrou en contacto por primeira vez coa Fe bahá'í en 1956 e identificouse formalmente como bahá'í en 1969. Máis tarde citou o amor constante que lle mostraban os bahá'ís como a razón para que se convertese en bahá'í e se volvese activo no ensino da Fe bahá'í. A principios da década de 1970, foi elixido como un dos nove membros do corpo administrativo Bahá'î de Australia (a Asemblea Espiritual Nacional dos Bahá'ís de Australia) e serviu con distinción. En 1975, atopouse co dramaturgo e autor estadounidense Tom Lysaght no aeroporto de Canberra, invitou a Lysaght á súa casa e ambos presentaron ao novo escritor no Movemento Bahá'í e confirmaron a Lysaght na súa nova fe.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Encyclopaedia Britannica - Burnum Burnum". britannica.com. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Clyde H. Farnsworth (20 de agosto de 1997). "Burnum Burnum, 61, Fighter For Australia's Aborigines". The New York Times. p. D 20. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ "Plan for Aboriginal mines". The Canberra Times 55 (16,716) (Australian Capital Territory, Australia). 3 de xullo de 1981. p. 3. Consultado o 11 de agosto de 2016 – vía National Library of Australia.
- ↑ "Burnam Burnam". ABC listen (en inglés). 1999-10-19. Consultado o 2023-10-11.
- ↑ 5,0 5,1 Ramsland, John. "Burnum Burnum (1936–1997)". Australian Dictionary of Biography. The Australian National University. Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ "Aborigine Stakes a Claim to England". Los Angeles Times (en inglés). Reuters. 1988-01-27. Consultado o 2023-12-15.
- ↑ "Burnum Burnum - Bahaipedia, an encyclopedia about the Bahá’í Faith". bahaipedia.org.