Bandeira dos aborixes australianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos aborixes australianos
Bandeira dos aborixes australianos
Características
Uso
FIAV 100100.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 14 de xullo de 1995
Cores      Negro     Amarelo     Vermello

A bandeira dos aborixes australianos é a bandeira que representa aos pobos aborixes australianos. Malia ser unha das bandeiras de Australia e posuír un status legal e político especial, non é a bandeira nacional do país. Adoita ondear a carón da bandeira australiana e da bandeira dos insulares do estreito de Torres, que tamén é oficial.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi deseñada en 1971 polo artista aborixe Harold Thomas, que é descendente do pobo luritja e posúe os dereitos de propiedade intelectual da bandeira. Orixinalmente foi ideada para o movemento dos dereitos das terras, mais posteriormente converteuse nun símbolo dos pobos aborixes de Australia. O Goberno de Australia concedeulle o status de bandeira oficial o 14 de xullo de 1995.[1]

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Segundo o seu creador, o significado simbólico das súas cores é:[2]

  • Franxa negra – representa o pobo aborixe.
  • Círculo amarelo – representa o Sol, protector e creador da vida.
  • Franxa vermella – representa a terra ocre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Commonwealth of Australia Gazette, Special, No. S 259, 14 de xullo de 1995. Atópase no Government Notices issue No. GN 28, 19 de xullo de 1995.
  2. "Indigenous Australian flags". Consultado o 23 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]