Xeracións roubadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interpretación artística titulada The Taking of the Children por Chris Cook, 1999.

As Xeracións roubadas (tamén coñecidas co nome de Os nenos roubados) constitúena os fillos e descendentes dos aborixes australianos e os insulares do estreito de Torres que foron separados pola forza das súas familias polas axencias do goberno federal e os Estados de Australia xunto coas misións da Igrexa. Os traslados ocorreron entre os anos 1869 e 1969, aínda que nalgúns lugares moitos nenos foron trasladados mesmo até a década de 1970.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Na súa meirande parte, estes nenos eran mestizos de nai aborixe e pai branco. En canto eran detectados, víanse forzados a abandonar as súas familias e eran colocados en orfanatos, internados, misións cristiás ou familias brancas de acollida.

Estes actos son recoñecidos pola maioría da clase política de Australia como un dos episodios máis escuros da súa historia. Porén, o debate e a controversia continúan hoxe en día. En 1997, un informe titulado "Bringing them home" (Levalos á casa) detalla a historia destas prácticas, publica testemuños e suxire que preto de cen mil nenos pertencen ás Xeracións roubadas.

O 13 de febreiro de 2008, o goberno federal de Australia, encabezado polo Primeiro Ministro Kevin Rudd, emitiu unha desculpa formal ós indíxenas australianos por tódolos danos que sufriron polas Xeracións roubadas. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rudd says sorry", Dylan Welch, Sydney Morning Herald 13 de febreiro de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]