Buraka Som Sistema
| Buraka Som Sistema | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Composto por
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
| Datas | |||||
|
Inicio de actividade
| |||||
|
Data de fundación
| |||||
| Localización | |||||
|
Lugar de formación
| |||||
|
País de orixe
| |||||
| Premios | |||||
|
Premios
| |||||
|
Nomeamentos
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Buraka Som Sistema é un grupo de música electrónica de Amadora (Portugal). A formación está especializada no son kuduro, e están acreditados coma os creadores do kuduro progresivo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Buraka Som Sistema formouse en 2006 da man de João Barbosa (Li'l John), Rui Pité (DJ Riot), Andro Carvalho (Conductor) e Kalaf Ângelo. Barbosa e Pité eran produtores de Cool Train Crew, do que Kalaf era un dos vocalistas. Os tres estaban interesados en crear un proxecto baseado no kuduro, e decidiron poñelo en marcha tras coñecer a Carvalho, un produtor de hip hop de Angola que estaba de paso por Portugal. O nome da formación está inspirado na freguesía de Buraca, do concello de Amadora.
O seu primeiro traballo foi o EP From Buraka, distribuído polo selo independente Enchufada. Nel estaba o que sería o seu primeiro éxito, o sinxelo "Yah!", coa colaboración da cantante angolana MC Petty. O álbum foi reeditado en formato CD, e valeulles para comezar darse a coñecer e actuar en festivais como Glastonbury, Roskilde ou Sónar.
En 2007 lanzaron un segundo EP, Sound of Kuduro, no que colabora M.I.A. e outros artistas angolanos e portugueses. Este traballo serviu de punto de partida para o lanzamento do segundo disco, Black Diamond (Sony BMG, 2008). O sinxelo de lanzamento, "Kalemba (wegue wegue)", conta coa voz de Pongolove. Ese mesmo ano Buraka Som Sistema gañou o premio ao mellor artista portugués nos MTV Europe Music Awards.
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kuduro: the sound of Angolan dancefloors" Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine., artigo en www.bbc.com (en inglés).