Kuduro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kuduro é un xénero musical e sobre todo un xénero de danza xurdidos en Angola. Hoxe en día, está tamén amplamente diseminado polas áreas suburbanas da cidade de Lisboa, Portugal. Tamén se ten popularizado no Brasil ultimamente, existindo algúns grupos e bandas de kuduro propios do Brasil, en especial nos suburbios das cidades do Rio de Janeiro e de Salvador[Cómpre referencia]. Está hoxe influenciado por outros xéneros como Sungura, Kizomba, Semba, Ragga e Rap.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Estilo musical[editar | editar a fonte]

As letras caracterízanse pola súa simplicidade e humor. Son xeralmente escritas en portugués, e moitas veces con algún vocabulario de linguas angolanas (por exemplo, kimbundo), tal como Da Dombolo (Dj SL), ou Salalê (Dog Murras). A banda que máis contribuíu na difusión deste estilo musical é a coñecida Buraka Som Sistema.

Orixe[editar | editar a fonte]

O kuduro xurdiu primeiro como unha danza e co pasar do tempo evolucionou a un xénero musical. Moi probabelmente, o nome kuduro provén tamén do kimbundo (lingua nacional de Angola), ou ben pola expresión que o nome mesmo xa supón, até mesmo polo propio estilo do baile.