Buhos
Buhos | |
---|---|
Tipo | grupo musical |
Data de fundación | 2005 |
Premios | Catalan Disc of the Year Award |
Na rede | |
https://www.buhosrock.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Buhos é un grupo de rock festivo fundado en Calafell (Baix Penedès, Cataluña) en 2005. Ten influencias doutros estilos, coma o reggae e o ska.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Primeira etapa (2007-2013)[editar | editar a fonte]
En 2007 editaron a súa primeira maqueta, Rebelión en la plaza. O grupo gañou popularidade tras gravaren un conxunto de cancións sobre o FC Barcelona para as emisoras de radio Ona FM e RAC1. Tamén publicaron cancións satíricas de actualidade para os programas APM e Zona zàpping, da Televisió de Catalunya.
Aínda na súa primeira etapa, Buhos animou todas as celebracións dos títulos conseguidos polo Barça con Pep Guardiola na plaça de Catalunya e no Arco de Triunfo. Durante os primeiros anos da súa carreira, nos concertos de Buhos soaban versións doutros grupos e cancións propias, entre elas «Nen dels 80» (con Gerard Quintana), «Messi»[2] (primeira canción dedicada ao futbolista arxentino), «Birres i més Birres», «Estoy Quemao», «Botellón» e «Festa Major».
Segunda etapa (2014-presente)[editar | editar a fonte]
En 2014, cunha formación renovada, publicaron Natura salvatge, un disco cheo de cancións orixinais que marcarán o estilo desta nova etapa. Ademais de buscaren o baile e a festa, os novos temas son unha declaración da posición do grupo no mundo actual.[3]
Co lanzamento deste disco percorreron escenarios como a primeira edición de Clownia,[4] a Acampada Jove[5] ou as Festes de la Mercè.[6]
O 29 de marzo de 2016 saíu á venda Lluna plena, un traballo máis maduro que consolidou a Buhos como un dos grupos referentes da música mestiza catalá. Presentaron o disco en Clownia na verbena de Sant Joan. Despois de todo un verán de concertos, recibiron o premio Disc Català de l'Any de Ràdio 4[7] e o premio Enderrock ao mellor videoclip por «Barcelona s'il·lumina».[8] En decembro fixeron a canción de Nadal de 2016 de TV3 e Catalunya Ràdio, «Campanes de benvinguda».[9]
En 2017 seguiron a percorrer o país até pecharen a xira en novembro na Sala Apolo de Barcelona con todas as entradas esgotadas meses antes.
Aos poucos meses de rematar a xira, presentaron La gran vida, o terceiro traballo da súa segunda etapa. O 19 de xaneiro de 2018 a banda publicou o primeiro sinxelo do disco, o videoclip de «Volcans». En menos dun mes dende a súa publicación acadou máis de 400.000 visualizacións.[10] O disco amosaba unha liña máis rockeira e letras máis reivindicativas, como «La trama» ou «La darrera colònia». Semanas despois de lanzaren o disco, esgotaron as entradas para o concerto de presentación do 5 de marzo, na sala Razzmatazz de Barcelona. «Volcans» foi escollida a canción do ano 2018 por votación do público de Enderrock.[11]
En 2019 o grupo tivo a xira máis espectacular da súa historia até o momento. Participou en escenarios destacados dos Países Cataláns, entre eles o Festivern, Telecogresca, Clownia, Acampada Jove, Canet Rock, Festiuet e Rabolagartija. Amais, foron cabeza de cartel de 70 actuacións. A principios de abril de 2019 publicaron unha canción inédita, «Connectats».[12]
Discografía[editar | editar a fonte]
- Canciones para no dormir (2005)
- F.C. Clandestinos
- 100 ventanas
- Llámame
- La suegra
- Zumo sexual
- Volverás
- Lunes de miel
- Rebelión en la plaza (2007)
- La danza de la esperanza
- Botellón
- Agua
- Pedrito el Cantante
- Esta calor me está matando
- Estoy quemado
- Que tengas suerte
- Rock and Roll
- España (la fiesta de la especulación)
- Los vecinos de este bar
- La dansa de l'esperança (Bonus track)
- Radio Buhos (2009)
- Que es faci de nit
- Nen dels 80
- Muro de Gibraltar
- Estic bé
- Bailando en el infierno
- Mileurista pobre desgraciado
- El regidor
- Cógelo
- Birres
- Salir a cazar
- Messi
- Gratis hits (2010)
- Dansa de l'esperança
- Birres
- Estoy quemao y no es del sol
- Salir a cazar
- El regidor
- Los vecinos de este bar
- Que es faci de nit
- Mileurista pobre desgraciao
- Botellón
- Nen dels 80
- L'eclipsi
- Correfoc
- Minut 92
- Cau la nit (2012)
- Festa Major
- Quan cau la nit
- Santuari on fire
- Número 1
- La meva inspiració
- Petons de color verd
- Aigua salada
- El cambrer
- La patrulla de l'alegria
- Em deixo portar
- La meva inspiració (digital)
- Natura salvatge (2014)
- 180° (con Els Catarres i Strombers)
- Brama 3. El Vaso (con Albert Pla)
- Toca Hamelin (con Pulpul de Ska-P)
- Volem guanyar
- Som una melodia (con Alguer Miquel i Bo i Marcel "Tito" de Txarango)
- Chingao
- Res a les butxaques
- No serà etern
- Ales noves
- Sol naixent
- Lluna plena (2016)
- La última y nos vamos
- El temporal
- Barcelona s'il·lumina
- Prenent la Lluna
- El cor m'apreta (con Esne Beltza)
- El soneto de Geppetto
- Mentides de plàstic (con Aspencat)
- Mi vida es como un pogo
- Ens ballem aquesta nit
- Tornem al Penedès
- Birres
- Estoy quemao
- La gran vida (2018)
- Volcans
- La gran vida
- Escales fins al cel
- L'estiu és llibertat
- Transmets energia
- La bala del temps
- Els nostres tambors
- La trama
- Tu i jo som aire
- Cómplices del mal
- La darrera colònia
- Nos vamos pa'l festi
- Pompeia (2020)
- Intro + Medley inicial
- Transmets energia
- La gran vida
- Birres i birres
- La bala del temps
- La trama
- El cor m'apreta
- L'estiu és llibertat
- Prenent la lluna
- Tu i jo som aire
- Connectats
- Brama
- El temporal
- La última y nos vamos
- Nos vamos pa'l festi
- La última y nos vamos [coda]
- Barcelona s'il·lumina
- Volcans
- El dia de la victòria (2020)
- Una veu que crida
- Mil batalles
- A prop dels déus
- Vuela aunque duela
- Se acelera
- Fem que surti el sol
- Cada cop
- Pa per avui i gana per demà
- Cada divendres
- Donde se arrodillan los ateos
- La casa de David
- A galopar
- Mi calle favorita
- Àvia
- El dia de la victòria
- La nit està que crema (2023)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Els Búhos, principal cartell musical de la festa major de Calafell". Ajuntament de Calafell (en catalán). 26 de setembro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "La banda sonora de Leo Messi". Sport (en castelán) (Grupo Zeta). 21 de decembro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Al ritme de la música festiva de Buhos". El Punt Avui (en catalán). 17 de xuño de 2014. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Clownia Festival" (en catalán).
- ↑ "Acampada Jove 2015 en Espai Independència (Montblanc) el 16 Jul 2015". Last.fm (en castelán).
- ↑ "2014 mercés! Festa Major de Barcelona" (PDF). Barcelona Cultura (en catalán). p. 73.
- ↑ "Premi Disc Català de l'any 2016 - 'Lluna plena' del grup Buhos, premi 'Disc Català de l'Any' de Ràdio 4". Ràdio 4 - RTVE.es (en catalán). 1 de marzo de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
- ↑ "Premis Enderrock 2017". Enderrock (en catalán). 1 de decembro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
- ↑ "La cançó de Nadal de TV3 i Catalunya Ràdio, amb el grup Buhos". 324 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). 18 de decembro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
- ↑ "Buhos publicarà el nou disc 'La gran vida' el 16 de febrer". Diari Més (en catalán) (TAMEDIAXA, S.A.). 14 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
- ↑ "El palmarès dels Premis Enderrock 2019". Enderrock (en catalán). 28 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
- ↑ "Buhos connecta amb l'amor en un nou videoclip". Enderrock (en catalán). 2 de abril de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial do grupo Arquivado 12 de agosto de 2020 en Wayback Machine.