Txarango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Txarango
Horizonte 2013 1025.JPG
Txarango no 2013.
Orixe Ripoll, Cataluña Cataluña
Período 2010 - presente
Xénero(s) Fusión musical, reggae,
cumbia, dub,
pop e salsa
Selo(s) discográfico(s) Autoedición, DiscMedi
Membros Alguer Miquel, Marcel Lázara 'Tito', Sergi Carbonell 'Hipi', Joaquim Canals, Àlex Pujols, Pau Puig, Ivan López, Jordi Barnola
Antigos membros Miquel Rojo, Xavi Casas
Páxina web http://www.txarango.com

Txarango é un grupo de música formado en Barcelona no 2010 por músicos de Ripollès, Osona e Garrotxa. A banda está integrada por Alguer Miquel (voz), Marcel Lázara Tito (voz e guitarra), Sergi Carbonell Hipi (piano), Joaquim Canals (batería), Àlex Pujols (baixo), Pau Puig (percusión), Ivan López (saxofón) e Jordi Barnola (trompeta). A súa é unha proposta de fusión musical, con reggae como eixo vertebral, que tamén ten elementos dub, latino ou pop.[1] Nas letras das súas cancións incorporan un imaxinario vencellado ó mundo do circo e dos pallasos.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2010: Welcome to Clownia
  • 2012: Benvinguts al llarg viatge
  • 2014: Som Riu

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Canet Rock 014". Enderrock (224): 48–49. xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]