Aspencat é un grupo musical con orixe en Xaló (Comunidade Valenciana) cun estilo musical que mestura o reggae, hip hop, ska e drum and bass con inclusión de ritmos electrónicos como o dubstep.[1] Están considerados uns dos grupos referentes da súa comunidade e xunto a La Raíz e Orxata Sound System conforman unha serie de grupos valencianos críticos coa cultura institucional da súa comunidade.[2]