Els Catarres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Els Catarres
Via Catalana Barcelona Plaça Catalunya 112.jpg
Els Catarres durante un concerto na plaça de Catalunya de Barcelona con motivo da Vía catalá, 2013.
OrixeAiguafreda e Centelles, Cataluña Cataluña
Período2010 - presente
Xénero(s)pop-folk
Selo(s) discográfico(s)Discmedi Blau
MembrosÈric Vergés, Jan Riera e Roser Cruells
Páxina webhttp://www.elscatarres.cat/

Els Catarres é un grupo de música catalán de estilo pop-folk. Está composto por Èric Vergés e Jan Riera, de Aiguafreda, e Roser Cruells, de Centelles.[1] Coa canción "Jenifer" acadaron a fama no verán de 2011.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Èric Vergés.

O grupo formouse a finais do ano 2010, ao comezo cantando nos bares da comarca de Vallès Oriental e na Fira de Artesania d'Aiguafreda[3]. O seu primeiro grupo de cancións estivo dispoñíbel só en Internet [4][5]. Grazas a unha delas, «Jenifer», unha canción que fala do amor prohibido entre un patriota catalán e unha choni de Castefa saltaron á fama no 2011 [6]. No xuño do 2011 o vídeo en YouTube da canción «Jenifer» chegaba ás 200.000 visitas[5] e a mediados de setembro achegábase ás 800.000 [7] grazas ao boca-orella dixital.[8] A comezos de outubro chegaron ao millón de reproducións e recibiu multitude de versións.[9][10][11] Ao longo do verán do 2011 tiveron un centenar de concertos programados por toda Cataluña. Manifestaron que se algunha vez fichaban por unha discogràfica sería coa condición de poder continuar ofrecendo a súa música na rede de balde [12].

O 29 de novembro de 2011 sacaron á venda o seu primeiro álbumCançons 2011, con 13 cancións, catro delas inéditas. Baixo o selo Discmedi Blau, o disco podíase comprar nas tendas, aínda que as cancións podíanse atopar gratuitamente en Internet.[13][14] A primeira canción inédita en pendurarse foi «Me'n vaig al camp», unha parodia dun «modernet» de Barcelona que decide ir a vivir ao campo [15]. En total venderon máis de 5000 discos [16].

En marzo de 2012 Els Catarres gañaron o Premi Enderrock 2012 pola mellor letra de canción por «Jenifer» [17]. No verán do mesmo ano puxeron en marcha a xira Bandarra 2012 coa presentación de novas cancións, entre as cales, «Tintín» e «La contorsionista», esta última rexistrada coa colaboración de 'Adrià Salas de La Pegatina.[18][19]

No 2013 publicaron o seu terceiro traballo, Postals, baixo o selo de Música Global e comezaron unha xira, titulada co mesmo nome, que os levou arredor dos Países Cataláns. Ao ano seguinte, o grupo continuou coa xira Postals e esgotou as entradas dos dous concertos de fin de xira na Sala Apolo de Barcelona en nove días.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2011: Cançons 2011
  • 2012: Tintín i La Contorsionista
  • 2013: Postals
  • 2015: Big Bang

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Enderrock 2012 á mellor letra de canción por «Jenifer»
  • Premio ARC á mellor xira de festas maiores
  • Premio Enderrock 2014 por votación popular ao mellor artista de pop-rock
  • Premio Enderrock 2014 por votación popular ao mellor disco por Postals
  • Premio Enderrock 2014 por votación popular á mellor canción por «Vull estar amb tu»
  • Premio Enderrock 2014 por votación popular á mellor letra de canción por «Vull estar amb tu»
  • Premio Enderrock 2014 por votació popular á mellor portada de disco por Postals

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Els Catarres busquen protagonistes per un nou videoclip, després d'enamora-se de la 'Jenifer'". diari Ara. 27 de xuño de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  2. Enderrock, ed. (11 de outubro de 2011). "Els Catarres, a la portada de l'Enderrock". Consultado o 3 de novembro de 2011. 
  3. http://www.diaridegirona.cat/estiu/2011/08/10/no-gaire-relacio--chonis-castefa/507259.html
  4. http://www.ara.cat/cultura/catarres-nova-sensacio-catala-xarxa_0_498550397.html
  5. 5,0 5,1 http://www.324.cat/video/3579930/Els-Catarres-i-lexit-de-la-seva-Jenifer
  6. http://www.vilaweb.cat/noticia/3901313/20110622/catarres-directe-vilaweb.html
  7. http://www.lavanguardia.com/musica/20110913/54215989762/jenifer-la-nueva-reina-de-youtube.html
  8. http://www.regio7.cat/cultures/2011/06/24/boca-orella-digital/152338.html
  9. http://www.ara.cat/politica/Pujol-Catarres-Jennifer_0_551944940.html
  10. http://www.ara.cat/xarxes/Montserrat-Jenifer-catalana-Los-Chatarras_0_554944612.html
  11. http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/2-societat/5-societat/458047-en-realitat-jenifer-es-diu-laura-i-es-de-mata.html
  12. http://www.vilaweb.cat/noticia/3901282/20110623/catarres-xarxa-lescenari.html
  13. http://www.ara.cat/cultura/Catarres_0_564543673.html
  14. http://www.ara.cat/premium/cultura/Catarres-disc-ja-pirategem_0_598740136.html
  15. http://www.vilaweb.cat/noticia/3953054/20111122/catarres-parodien-modernet-barcelona.html
  16. http://www.enderrock.cat/noticia/6649/catarres/engeguen/gira/bandarra/2012
  17. http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/5-cultura/19-cultura/517670-la-jenifer-a-10-milles.html
  18. http://www.naciodigital.cat/naciogranollers/noticia/13163/tintin/nou/videoclip/grup/catarres
  19. http://www.el9nou.cat/noticies_o_0/23937/_tintin_,_l_exit_d_els_catarres_per_2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]