Brian Molko
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Brian Molko | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de decembro de 1972 (48 anos) |
Orixe | Bruxelas ![]() |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositor de cancións, actor, vocalista e produtor delegado |
Relacionado con | Placebo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brian Molko, nado en Bruxelas o 10 de decembro de 1972, é o vocalista, compositor e guitarrista da banda inglesa de rock alternativo Placebo.
Biografía[editar | editar a fonte]
Nacido en Bélxica de pai estadounidense e nai escocesa, debido ao traballo do seu pai, banqueiro internacional, pasou gran parte da súa infancia vivindo en varios países, entre eles Liberia, Líbano ou Luxemburgo.
Tanto Molko coma Stefan Olsdal asistiron á American International School of Luxembourg (a pesar de que alí non se fixeron amigos), e cando Molko trasladouse a Londres atopouse con Oldsal nunha estación de metro e convidouno a un dos seus concertos nun pub, onde tocaba con Steve Hewitt.