Brian Cusworth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brian Cusworth
Posición Pivote
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 116 kg (225 lb)
Nacemento 9 de marzo de 1984 (35 anos)
Flag of the United States.svg St. Louis, Estados Unidos
Carreira
Tempadas 20072013
Universidade Harvard
Equipo(s)
Tartu Ülikool/Rock (2007–2008)
C.B. Breogán (2008–2009)
Bàsquet Manresa (2009–2010)
Maine Red Claws (2012)
ratiopharm Ulm (2013)
Estatísticas (ACB)
Puntos     247 (9,9 pp)
Rebotes     92 (3,7 pp)
Tapóns     17 (0,7 pp)
Premios
Liga de Estonia (2009)
1× MVP Finais de Estonia (2009)

Brian Cusworth, nado o 9 de marzo de 1984 en St. Louis, Missouri, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense. Formado na Universidade de Harvard mide 2,13 metros, pesa 116 kg e xogaba na posición de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brian Cusworth é un pivote de 2,13 metros de altura que se formou na Universidade de Harvard (Ivy League da NCAA) de 2004 a 2007 con medias de 17,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,2 tapóns por encontro. En verán do 2007 deu o salto a Europa e fichou polo conxunto estoniano do Tartu Ülikool/Rock, club que participa na Korvpalli Meistriliiga e na Baltic Basketball League. Ese ano fixo 18,4 puntos e 6,3 rebotes na liga estoniana, 15,3 puntos e 5,9 rebotes na liga báltica e 12,9 puntos, 7,2 rebotes e 1,2 tapóns na FIBA EuroCup, competición na que ademais disputou o All Star. En Estonia, Cusworth gañou a liga dese país, ademais de ser designado como o mellor xogador da competición.

En 2008 xogou no Leite Río Breogán da LEB Ouro, equipo co que tivo medias de 16 puntos, 7,1 rebotes e 1,2 tapóns por partido. Posteriormente asinaría co Suzuki Manresa da Liga ACB. Trátase dun xogador moi móbil, áxil e rápido, con boa man para o lanzamento e que ademais destaca xogando de costas a canastra.

Equipos[editar | editar a fonte]

Flag of the United States.svg Harvard Crimson (NCAA, 2004−2007)
Estonia Tartu Ülikool/Rock (KML, 2007−2008)
Galicia Breogán (LEB, 2008−2009)
España Suzuki Manresa (ACB, 2009−2010)
Flag of the United States.svg Maine Red Claws (NBA D-League, 2012)
Alemaña ratiopharm Ulm (BBL, 2013)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]