Conversa:Breamo, Pontedeume

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño o borrado desta páxina por non existir a parroquia de Breamo desde hai tempo. Véxase:

http://www.pontedeumeturismo.es/menusuperior/foro/foro_gl.php?id=6080

Enumeración das parroquias na páxina web do concello:

http://www.pontedeume.es/pontedeume/situacion/situacion.html

Os lugares que a compoñían deberían ir ás seguintes parroquias:

A Ombre: Allegue, Gunturiz, A Veiga e Vilamoire.

A Vilar: O Barro, Cermuzo, As Pedridas e Vista Alegre.

A Pontedeume: A Fontenova (neste caso case é mellor eliminalo porque na lista de lugares da parroquia de Pontedeume, só está Pontedeume cando penso que deberían estar máis como este da Fontenova, pero tamén Porto, Aguabar, Souto da Vila, e algún outro; mais é mellor agardar a poñelos ata unha consulta máis profunda)

--Xosé Antonio 17:51, 9 de outubro de 2011 (UTC)

  • Aquí as cousas non van estar tan claras como con San Martiño de Fóra. Breamo consta como parroquia na GEG (2002), no mapa das parroquias de Galicia (SITGA, do ano pasado), no IGE (con 331 hab en 2010) e no Nomenclator; a EGU di que é unha antiga parroquia, integrada na de Vilar en 1991, e na web do concello non a inclúen na relación. É ben posible que sexa certo que hoxe, eclesiasticamente, non teña pila bautismal nin dea misa os domingos pero semella claro que administrativamente segue existindo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:11, 9 de outubro de 2011 (UTC)


Sigo pensando que habería que eliminala. É certo que nos mapas topográficos e no Nomenclator do INE figura a parroquia de Breamo. Tamén é certo que moitas veces os erros perpetúanse no tempo ata que alguén os corrixe.

En calquera caso, dos nove lugares que aparecen pertencendo á parroquia de Breamo só hai catro que gardan unha certa unidade administrativa, son os que se achan na aba do monte: Vista Alegre, Cermuzo, O Barro e As Pedridas. Dos cinco lugares restantes, un deles, A Fontenova está anexionado, física e administrativamente, a Pontedeume desde 1884, e os outros catro: Allegue, Gunturiz, A Veiga e Vilamoire áchanse no outro extremo do concello incrustados na parroquia de Ombre. De feito no Nomenclator do INE só aparece Allegue na parroquia de Breamo con cero? habitantes (vese que os engaden a outro lugar de Ombre, porque os outros tres lugares non aparecen por ningures).

Porén, noutro documento administrativo, o PXOM de Pontedeume, eses catro lugares aparecen como pertencentes á parroquia de Ombre e A Fontenova nin aparece por formar parte do centro urbano:

http://www.pontedeume.es/concello/concellerias/urbanismo/planxeral/Planos/P_Informacion/Serie-0/02-Div_Parroquial-Parcelario-Montes/02.1.pdf

http://www.pontedeume.es/concello/concellerias/urbanismo/planxeral/Planos/P_Informacion/Serie-0/02-Div_Parroquial-Parcelario-Montes/02.2.pdf

Outro dato da pouca eficacia administrativa témolo na composición das mesas electorais do concello. Os habitantes dos catro primeiros lugares mencionados votan nunha das mesas electorais instaladas en Vilar, os da Fontenova votan no centro da vila, e os das catro illas votan lóxicamente na mesa de Ombre:

http://www.derecho.com/l/bop-coruna/relacion-secciones-mesas-locales-electorales-relacion-seccions-mesas-locais-alectorais/

E se falamos dos habitantes deses lugares, non teñen conciencia de perteneceren á parroquia de Breamo. Se lles preguntas, respostan que son de Campolongo (Vilar), ou de Ombre, ou de Pontedeume (Fontenova)

A miña conclusión é que a existencia da parroquia de Breamo en documentos oficiais presenta evidentes contradiccións. É evidente que os lugares exentos do resto son unha reminiscencia do medieval couto do mosteiro de Breamo que pasaron a formar parte da parroquia cando aquel desapareceu. A parroquia, xa desde os primeiros momentos da súa existencia, foi inoperativa (lembremos que, a parte de caracterizarse por oficiar misa e outras cousas, a parroquia é tamén para a igrexa unha división administrativa).

A administración seguiu e segue usando esta anacrónica división, ao meu parecer, por unha especie de inercia que ninguén tratou de subsanar. É o típico conto da pregunta, por que é isto así? e a resposta, sempre foi asi! Supoño que o concello debería pedir a actualización destas divisións e, en canto teña tempo, voullelo pedir.

Outro dato, na wikipedia castelán na páxina de Puentedeume?? din que Pontedeume ten sete parroquias.

Vou rematando, que non paro. Se se decide manter a páxina, que sexa só cos catro primeiros lugares. Saúdos--Xosé Antonio 21:31, 9 de outubro de 2011 (UTC)