Río Brahmaputra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Brahmaputra")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Río Brahmaputra
Homeward bound.jpg
País Flag of the People's Republic of China.svg China
India India
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh
Nacemento glaciar Kubigangri, cerca do monte Kailāsh, no Himalaia
Altitude 6000 m
Lonxitude 2896 km
Conca Brahmaputra
Caudal medio 48 160 m³/s
Desembocadura golfo de Bengala, en Bangladesh
Altitude desembocadura 6 m
Brahmaputrarivermap.png
Mapa do río Brahmaputra.

O río Brahmaputra (en sánscrito ब्रह्मपुत्र, "o fillo de Brahmā") é un dos ríos máis longos de Asia.

Nace no glaciar Kubigangri, cerca do monte Kailāsh, no Himalaia, e discorre en dirección leste por territorio chinés pola parte oeste do Tíbet, pasando cerca de Lhasa, coñecéndose como Yarlung Tsangpo en tibetano.

Despois dun percorrido de 2.896 km desauga no golfo de Bengala, en Bangladesh, formando parte do delta do Ganxes, o maior delta do mundo.

Na zona central de Bangladesh divídese en dous brazos, dos que o principal é o río Jamuna, nome co que é coñecido nesa rexión, e o outro, de menor caudal, o río Shitalakshya.

O seu percorrido pola zona tropical fai do seu val un dos máis ricos en diversidade biolóxica do mundo. As súas principais inundacións permiten a fertilización do solo, aínda que son devastadoras.

Na súa parte máis baixa, o río considérase sagrado para os hindús, e se utiliza para o transporte de produtos agrícolas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.