Bothus guibei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bothus guibei
Rapapelos de Guinea,
rascón de Guinea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Bothidae
Xénero: Bothus
Especie: B. guibei
Nome binomial
Bothus guibei
Stauch, 1966 [1]

Bothus guibei é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos de Guinea ou rascón de Ginea.[2]

Características[editar | editar a fonte]

  • Corpo ovalado, sinistro (cos dous ollos situados á esquerda).
  • Ollos grandes, moi separados entre si, o superior algo atrasado con rspecto ao inferior.
  • Pode alcanzar os 28,6 cm de lonxitude.[3]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, demersal, que vive en augas intertropicais, en fondos de entre os 15 e os 40 m de profundidade, entre os 5° N e os 2° S.[3]

Distribúese polo Atlántico oriental, nas costas de Guinea Ecuatorial (incluínda a illa de Annobón, e o golfo de Biafra. Rexistrouse tamén na illa de San Tomé.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

Bothus guibei é unha especie comestíblel e péscase na área do Atlántico centro-leste.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bothus guibei Stauch, 1966 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
  3. 3,0 3,1 3,2 Bothus guibei Stauch, 1966 en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2. pp. 1027–1036. JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]