Nantón, Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°09′50.2″N 8°51′52.6″O / 43.163944, -8.864611

Nantón
Vista desde a igrexa de Nantón.JPG
Paisaxe nas proximidades da igrexa de San Pedro de Nantón.
Concello Cabana de Bergantiños
Poboación 310 hab. (2016)
Entidades de poboación 14

San Pedro de Nantón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2010 tiña 310 habitantes (161 mulleres e 149 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Son de especial interese os petróglifos que se localizan nos montes da Piolla, o castro e mámoas de Anido (aínda sen escavar), a igrexa parroquial e o contorno da casa reitoral e o pazo de Casanova, do século XVII.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Esta localidade​ está cruzada de norte a sur pola estrada AC-552 que vai desde A Coruña a Cee.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Nantón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Nantón no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

A Ameixenda | O Bidual | Os Carballás | A Casanova | Castro do Anido | Cazón | A Cuncha | Denellón | Doeña | As Fontiñas | Os Martices | A Palleira | A Pedra | A Piolla

Parroquias de Cabana de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]