tenista, empresario, comentarista deportivo, xadrecista e xogador de póker
Cónxuxe
Barbara Becker e Lilly Becker
Fillos
Anna Ermakowa
Premios
Silberne Lorbeerblatt, Premio Steiger, BBC World Sport Star of the Year, International Tennis Hall of Fame, German Sportspersonality of the Year, German Sportspersonality of the Year, German Sportspersonality of the Year, German Sportspersonality of the Year, European Athlete of the Year, European Athlete of the Year, Bambi, Deutscher Fernsehpreis, Deutscher Fernsehpreis e Hall of Fame des deutschen Sports
Boris Franz Becker, nado en Leimen o 22 de novembro de 1967, é un antigo xogador de tenisalemán. Gañou 49 torneos individuais e 15 dobres. En individuais, logrou seis títulos de Grand Slam: Wimbledon en 1985, 1986 e 1989, o Aberto de Australia en 1991 e 1996, e o Aberto dos Estados Unidos en 1989. O 1 de xullo de 1985 converteuse no primeiro xogador que non era cabeza de serie, no primeiro alemán e no máis novo (17 anos e 7 meses) que gañou Wimbledon.[1]
Gañou a Copa Davis en 1988 e 1989 con Alemaña e tamén gañou a medalla de ouro en dobres masculinos nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, xunto con Michael Stich. Foi número 1 na clasificación da ATP durante 12 semanas en 1991. As ganancias pola súa carreira suman un total de 25 millóns de dólares.
Despois da súa retirada foi comentarista de tenis para a BBC entre 2002 e 2013.[2] Entre 2014 e 2016 foi o adestrador do tenista Novak Đoković.[3]