McFly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
McFly
McFly2011-TomLeishman.jpg
De esquerda a dereita: Harry Judd, Dougie Poynter, Danny Jones e Tom Fletcher
Orixe Londres, Inglaterra Inglaterra
Período 2003 - presente
Xénero(s) pop rock, pop punk
Selo(s) discográfico(s) Island
Super
Membros Tom Fletcher
Danny Jones
Dougie Poynter
Harry Judd
Páxina web Páxina oficial

McFly é un grupo inglés de pop rock/pop punk formado en Londres no 2003. Está formado por Tom Fletcher (voz, ukelele, guitarra e piano), Danny Jones (voz, harmónica e guitarra), Dougie Poynter (baixo e voz) e Harry Judd (batería). Asinaron con Island Records dende o 2004 até decembro de 2007, antes de crear o seu propio selo discográfico, Super Records.[1]

McFly acadou a fama despois de que o grupo Busted os axudara a darse a coñecer convidándoos na súa xira de 2004. No 2005, gañaron o Brit Award ó mellor grupo pop británico.[2] O seu primeiro álbum, Room on the 3rd Floor acadou o número 1 nas listas de álbums do Reino Unido e foi certificado co dobre platino;[3] converténdose na banda máis nova en ter un álbum de debut no número 1, superando a The Beatles.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Mirror.co.uk, ed. (17 de maio de 2008). "We're gonna McFly solo lads tell record label Tag". Consultado o 18 de maio de 2008. [Ligazón morta]
  2. "McFly BRITs Profile". Brits.co.uk. Consultado o 21 de novembro de 2012
  3. "BPI Certification for Room on the Third Floor". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2007. Consultado o 23 de novembro de 2007. 
  4. "McFly – The Heart Never Lies single / Greatest Hits Album". Consultado o 23 de novembro de 2007. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]