Bojnice
Coordenadas: 48°46′45″N 18°35′00″L / 48.77917, -18.58333
Bojnice | ||
---|---|---|
Bajmóc Weinitz | ||
| ||
![]() | ||
Vista da vila e o castelo. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Trenčín | |
Distrito | Prievidza | |
Xeografía | ||
Altitude | 298 msnm | |
Superficie | 19,96 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 4.921 hab. (2013) | |
Densidade | 246,54 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 972 01 | |
Alcalde | František Tám (Dirección - Socialdemocracia) | |
www.bojnice.sk/ |
Bojnice (en húngaro Bajmóc, en alemán Weinitz) é unha vila histórica sita no centro de Eslovaquia ao norte do río Nitra, preto de Prievidza. No ano 2013 tiña unha poboación de 4.921 habitantes. Bojnice é unha vila principalmente coñecida polas súas atraccións turísticas. Posúe o parque zoolóxico máis antigo do país e tamén un dos spa máis antigos de Eslovaquia. A vila está situada baixo o Castelo de Bojnice, que foi construído con rochas de travertino no século XII.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Bojnice linda ao norte co val do río Nitra, baixo os Montes Strážov. Sitúase a 4 km da cidade de Prievidza, coa que comparte o sistema de transporte público. Outras cidades próximas son Žilina (a 60 km ao norte) e Trenčín (a 65 km ao oeste).
Demografía[editar | editar a fonte]
Segundo o censo de 2001, a vila tiña 5.006 habitantes, dos que o 97,06% eran eslovacos, o 0,68% checos e o 0,24% alemáns. O 74,55% eran católicos, o 19% non tiña afiliación relixiosa e o 2% luteranos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bojnice ![]() |