Bob Kane
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de outubro de 1915 Nova York |
| Morte | 3 de novembro de 1998 Os Ánxeles |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
| Educación | Cooper Union DeWitt Clinton High School (en) Grand Central School of Art |
| Actividade | |
| Ocupación | artista de banda deseñada, guionista, escritor, autor de cómics, debuxante |
| Período de actividade | 1936 |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| Sitio web | bobkane.com |
Robert Kahn, coñecido como Bob Kane, nado no Bronx (Nova York) o 24 de outubro de 1915 e finado o 3 de novembro de 1998, foi un debuxante e escritor estadounidense de banda deseñada, considerado o creador do superheroe Batman para DC Cómics. Anos máis tarde, Kane recoñeceu que Bill Finger, escritor do seu estudo, "contribuíu" na creación do personaxe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos cambiou de maneira legal o seu apelido polo de Kane. No 1936 dibuxou e tintou o seu primeiro cómic profesional: Hiram Hick[1]. No 1938 vendía relatos humorísticos de recheo para DC Cómics.
No 1938 coñeceu a Bill Finger e axiña colaboraron en diversos proxectos, entre eles a creación de Batman. Dende a creación da personaxe, centrouse profesionalmente nel ata o ano 1968, cando se xubilou[1]. O éxito da serie televisiva de Batman no 1966, fixo que Kane acadase sona de novo. Así os seus debuxos foron expostos en galerías ó longo dos Estados Unidos e publicáronse edicións limitadas dalgunha das súas litografías. Posteriormente exerceu como asesor da película Batman no 1989 e tamén nas súas secuelas posteriores. O mesmo ano publicouse a súa autobiografía co título Batman and me[1].