1000 12/16

Blog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Blogs")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.

Crear e manter un blog non é difícil, posto que hoxe en día existe unha grande cantidade de ferramentas gratuítas para levar blogs. Moitas permiten, sen ter coñecementos técnicos, administrar todo o blog, escribir, editar e borrar as publicacións, moderar os comentarios dos lectores etc. As ferramentas máis coñecidas deste tipo son Movable Type, Textpattern e Greymatter. Tamén hai páxinas on-line que permiten facer todo isto sen necesidade de baixar nada. As ferramentas on-line máis coñecidas son Blogger, TypePad e Pitas.

Unha das primeiras páxinas web foi un blog onde Tim Berners-Lee, un dos pais de internet, publicaba un pequeno comentario das novas páxinas webs que ían aparecendo. Porén, non se pode falar de blogs até o ano 1997, que foi cando Jorn Barger inventou o termo weblog. Coa saída dos novos servizos como Blogger ou Pitas o número de blogs aumentou moito. Non se sabe con certeza cal é o número total de blogs existentes, sobre todo a partir dos anos 2002, 2003 e 2004 que foron os anos onde houbo un "estourido" de blogs. A principio do ano 2004 calculábanse o seu número en máis de 8 millóns.

Algunhas variantes de blogs son os fotoblogs, onde os bloggers publican imaxes, os vlogs ou videoblogs, onde os bloggers publican vídeos, os audioblogs, onde os bloggers publican gravacións sonoras, e os moblogs, onde os bloggers publican dende un teléfono móbil. O autor dun blog pode inclinarse por máis dunha destas variantes.

Os blogs en galego tiveron o seu auxe no 2004 de onde pasaron de ter só uns 20 blogs aproximadamente a principios de ano, a ter 300 blogs aproximadamente a finais de ano. O blogomillo é o termo que engloba ao colectivo de todos os blogs en galego.

O 31 de agosto celébrase o Día Internacional do Blog.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Blogalego Buscador de artigos de blogs galegos.
  • Roteiros Blog da revista "Roteiros. Arumes de pensamento crítico.