Conversa:Blanca Madison

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Correveedille, á parte de estar mal adaptado ao galego, non existe na nosa lingua. Non sei cal sería a mellor palabra para o substituír. Suxestións? --Xoán Carlos Fraga 22:03, 5 agosto 2007 (UTC)
  • Polo contexto podería ser correo, mensaxeiro ou similar. --Alex 22:23, 5 agosto 2007 (UTC)
    • Hai moitas opcións: contequeiro (Correveidile, persona que lleva y trae cuentos y chismes de una parte u otra: Máis vale ser probe que non... contequeira como vostede (Cotarelo, Trebón)); conteiro, contilleiro (abonada por Javier Prado, en A carón do lume), corricas, curricas, marafalleiro, papeliqueiro (Correveidile. Persona que lleva y trae cuentos y chismes).
    • Máis: CASTELANISMOS DE FORMACIÓN INCORRECTA [1]: correveidile: Castelanismo que se debe substituír por leva e trae, contiñeiro, alcaoiote, rexoubeiro, mensaxeiro, argalleiro, barulleiro: O ministro non foi máis ca un *correveidile / leva e trae de quen todos sabemos.
    • Saúdos. Pedro --Lameiro 22:28, 5 agosto 2007 (UTC)