Black Mountains, Gales
Aparencia
Coord.: 51°57′N 3°06′O / 51.95, -3.1
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Gales, Reino Unido | |||
| ||||
Características | ||||
Sitio de especial interese científico | ||||
As Black Mountains (Montañas Negras), en galés Y Mynyddoedd Duon ou Y Mynydd Du,[1][2] son unha cadea montañosa do centro-sueste de Gales, nos condados de Powys e Monmouthshire. Son parte da cordilleira de Brecon Beacons, e caracterízase por cumes rochosos e vales profundos. O punto máis elevado é Waun Fach, de 811 metros e o segundo máis alto é Pen y Gadair Fawr, de 800 metros.
Chegan até a fronteira do condado inglés de Herefordshire. Esténdense por unha área triangular: entre os concellos de Abergavenny (sueste), Hay-on-Wye (norte) e Llangors (oeste).
Tamén se pode acceder desde os municipios de Talgarth e Crickhowell e son un lugar popular para andar a pé e realizar actividades ao ar libre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brecon Beacons National Park travel". Lonely Planet (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "Y Mynyddoedd Duon: Castell Dinas a'r Clwb Gleidio". Parc Cenedlaethol Bannau Brycheiniog, Cymru (en galés). Consultado o 2023-01-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Black Mountains, Gales |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Y Mynyddoedd Duon: Castell Dinas a'r Clwb Gleidio - Parc Cenedlaethol Bannau Brycheiniog, Cymru (en galés e inglés, en breconbeacons.org)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |