Bisfenol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botella co logo BPA-Free indicando que está libre de bisfenol A. En xeral as botellas non conteñen bisfenois.

Os bisfenois son unha familia de compostos orgánicos que teñen dous grupos fenólicos. En xeral, estes últimos están unidos por unha ponte metilo e a molécula é entón un derivado do difenilmetano, pero este non é o caso de todos, como para os bisfenois S, P e M.

O termo 'bisfenol' designa a un grupo de compostos químicos. As letras que ás veces seguen a esta palabra, como no caso de 'bisfenol A' ou 'BPA', identifican un tipo específico de bisfenol, determinado polo reactivo concreto empregado na súa fabricación. Esas letras fan referencia ao reactivo usado, que pode ser o fenol ou un derivado deste. Dentro deste grupo, o bisfenol A (BPA) é o máis coñecido e, por iso, a miúdo refírense a el simplemente como «bisfenol».

Lista[editar | editar a fonte]

Estrutura Nome Número CAS Reactivo 1 Reactivo 2 Nome sistemático
Bisphénol A Bisfenol A 8 0 Fenol Acetona 2,2-bis(4-hidroxifenil)propano
Bisphénol AF Bisfenol AF 1 4 Fenol Hexafluoroacetona 2,2-bis(4-hidroxifenil)hexafluoropropano
Bisphénol AP Bisfenol AP 1 5 Fenol Acetofenona 1,1-bis(4-hidroxifenil)-1-fenil-etano
Bisphénol B Bisfenol B 7 7 Fenol Butanona 2,2-bis(4-hidroxifenil)butano
Bisphénol BP Bisfenol BP 1 8 Fenol Benzofenona bis-(4-hidroxifenil)difenilmetano
Bisphénol C Bisfenol C 7 9 Cresol Acetona 2,2-bis(3-metil-4-hidroxifenil)propano
Bisphénol CII Bisfenol C II 1 4 Fenol Diclorocetena bis(4-hidroxifenil)-2,2-dicloroetileno
Bisph"nol E Bisfenol E 2 0 Fenol Etanal 1,1-bis(4-hidroxifenil)etano
Bisph"nol F Bisfenol F 6 2 Fenol Formaldehido bis(4-hidroxifenil)metano
Bisphénol FL Bisfenol FL 3 2 Fenol Fluorenona 4,4'-( 9H- fluor-9-iliden)bisfenol
Bisphénol G Bisfenol G 1 2 2-isopropilfenol Acetona 2,2-bis(4-hidroxi-3-isopropilfenil)propano
Bisphénol M Bisfenol M 1 3 1,3-bis(2-(4-hidroxifenil)-2-propil)benceno
Bisphénol P Bisfenol P 2 1 1,4-bis(2-(4-hidroxifenil)-2-propil)benceno
Bisphénol PH Bisfenol PH 2 4 2-fenilfenol Acetona 5,5'-(1-metiletiliden)-bis[1,1'-(bisfenil)-2-ol]propano
Bisphénol S Bisfenol S 8 0 Fenol Trióxido de xofre bis(4-hidroxifenil)sulfona
Bisphénol TMC Bisfenol TMC 1 2 Fenol 3,3,5-trimetilciclohexanona 1,1-bis(4-hidroifenil)-3,3,5-trimetilciclohexano
Bisphénol Z Bisfenol Z 8 4 Fenol Ciclohexanona 1,1-bis(4-hidroxifenil)ciclohexano

Medidas preventivas[editar | editar a fonte]

Se o bisfenol A é recoñecido como un perturbador endócrino,[1] os bisfenois B, C e S son fortemente sospeitosos de selo tamén, agardando a publicación de estudos científicos.[2] En 2010 Canadá foi o primeiro Estado nación do mundo en declarar tóxico o BPA. En 2015 rebaixouse o nivel considerado seguro na Unión Europea.[3] En 2023 comprobouse que a exposición ao BPA supera os niveis aceptábeis de seguridade sanitaria en até once Estados membros da UE.[4]


Estes produtos tenden a liberarse do material cando se someten a calor; por iso, por precaución, recoméndase ao consumidor:

Notas

  1. "Summary. Infosan; Bisphenol-A (BPA) - Current state of knowledge and future actions by WHO and FAO" (PDF). cansa.org.za ; 2009 (en inglés). 
  2. Rochester, Johanna R. (2013-12). "Bisphenol A and human health: a review of the literature". Reproductive Toxicology (Elmsford, N.Y.) 42: 132–155. ISSN 1873-1708. PMID 23994667. doi:10.1016/j.reprotox.2013.08.008. 
  3. 3,0 3,1 European Food Safety Authority. (2015). No consumer health risk from bisphenol A exposure.
  4. "La exposición al bisfenol A supera los niveles aceptables de seguridad sanitaria en hasta 11 países europeos". www.infosalus.com; Europa Press (en castelán). 2023-09-14. Consultado o 2023-09-17. 
  5. "Is plastic a threat to your health?". Harvard Health (en inglés). 2019-12-01. Consultado o 2023-09-17. 
  6. Zheng, Jingyun; Tian, Lei; Bayen, Stéphane (2023). "Chemical contaminants in canned food and can-packaged food: a review". Critical Reviews in Food Science and Nutrition 63 (16): 2687–2718. ISSN 1549-7852. doi:10.1080/10408398.2021.1980369. 
  7. Biello, David. "Plastic (Not) Fantastic: Food Containers Leach a Potentially Harmful Chemical". Scientific American (en inglés). Consultado o 2023-09-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.